Un investigador lucense, premio á mellor tese de Xeografía no Estado
Horacio García, actualmente profesor na Universidade de Concepción (Chile), centrou a súa investigación nos procesos de erosión, transporte e sedimentación nos ríos galegos
Galicia tamén berrará en Madrid contra todas as violencias machistas
Doce autobuses e centos de persoas uniranse á marcha de Madrid este sábado, a primeira mobilización estatal contra a violencia machista á que se unirán colectivos de todos os territorios. Todos os partidos, agás PP e Ciudadanos, apoian a protesta.
O alcalde de Becerreá reuniuse con Elena Candia antes de votar co PP na Deputación de Lugo
PSdeG e BNG denuncian un "pacto escuro" de Manuel Martínez cos conservadores. Os socialistas estudan medidas contra o deputado rebelde, que coa súa votación retirou media dedicación e asesores ao grupo do Bloque.
Factoría de Subsistencia presenta en Pontevedra o seu novo disco
O novo proxecto musical do intérprete Josito Porto presenta en concerto ás 21.00 horas no Teatro Principal o seu álbum Cerca da túa orella. Praza publicará este venres unha extensa entrevista con Porto.
Muras dálle uso público a unha vivenda que era empregada en exclusiva polo anterior alcalde
A coñecida como Casa do Médico acollerá un centro de interpretación ambiental e usos múltiples. O inmoble, que fora cedido ao Concello para usos sociais, serviu de vivenda ao popular Issam Alnagm
Xurxo Mariño falará para 6.500 escolares no Día da Ciencia en Galego
Con esta iniciativa, na que participan 108 centros de ensino, a Coordinadora Galega de ENDL reinvindica o uso vehicular da lingua galega nas materias científico-técnica, onde o seu uso é marxinal trala imposición do Decreto do Plurilingüismo por parte da Consellería de Educación.
Voadora e Teatro de Ningures estrean as súas novas obras no Galicia Escena Pro
Volve o Galicia Escena Pro cun programa de 24 espectáculos. O encontro herdeiro da Feira Galega das Artes Escénicas introduce este ano o pitching, que contrae aínda máis que o showcase o tempo disponible para as exhibicións parciais.
O xuíz deixa libres con cargos os oito detidos e suspende a actividade de Causa Galiza
Eloy Velasco impútalles un delito de integración en organización terrorista por formar parte de Causa Galiza, organización á que suspendeu durante os vindeiros dous anos. O novoeno deitod declarará en decembro ante os seus problemas de saúde.
A emigración fai que o censo de electores caia en Galicia mentres sobe no exterior
O número de residentes no estranxeiro medra en case 60.000 persoas (+13,4%) fronte á perda de máis de 40.000 electores que viven na comunidade autónoma con respecto ás eleccións xerais de hai catro anos
Iniciativa pola Unión xa ten os aspirantes a liderar a súa candidatura
Tereixa Novo, Olalla Rodil e Noa Presas únense a Carlos Callón e Carme Adán e postúlanse para ser cabezas de lista por A Coruña, Lugo e Ourense nas primarias que se celebrarán o vindeiro domingo para determinar as listas de Nós-Candidatura Galega ao Congreso e ao Senado
Finaliza sen acordos a xuntanza entre Iniciativa pola Unión e o Encontro por unha Marea Galega
No encontro, que durou máis de catro horas, participaron ademais das dúas plataformas, BNG, Anova, Foga, PCPG, Compromiso por Galicia, Equo, Cerna e o Partido Galeguista.
A violencia machista en Galicia sitúase en 2015 en niveis de récord
María Isabel, Beatriz, Divina, Silvina, Conchi e María José Foron asasinadas seis mulleres nos últimos seis meses, engrosando unha macabra lista que suma 40 mortes na última década. O vindeiro 7 de novembro unha marcha estatal protestará en Madrid contra as violencias machistas