'Nós' chama a "ir a Madrid para defender o que o goberno galego non defende"
NÓS-Candidatura Galega celebrou este domingo un Encontro Nacional Aberto que serviu para presentar os seus candidatos e candidatas
EnMarea chama a trasladar ás institucións "o que levamos anos reivindicando nas rúas"
A lista apoiada por Podemos, Anova, EU e as candidaturas cidadás municipais presentouse este domingo en Compostela, definíndose como "a única candidatura" que pode derrotar a Núñez Feijoo e a Rajoy.
AGEe pide un debate da esquerda europea ao redor da "ditadura do euro"
Expertos en economía e representantes de organizacións políticas, coma Die Linke, o Sinn Féin ou a propia AGE analizan en Compostela as políticas de austeridade como "unha estratexia orientada á limitación dos dereitos sociais"
Besteiro destaca as xerais como "un paso máis para a destitución de Feijóo"
O PSdeG-PSOE presentou os seus candidatos e candidatas nun acto celebrado este sábado en Compostela. O secretario xeral dos socialistas galegos sinala a Pedro Sánchez como "única opción"
Os xulgados de violencia de xénero de Vigo, colapsados por falta de medios
Os traballadores e traballadoras esixen a incorporación dun maxistrado ou maxistrada de apoio, e o incremento dos recursos cos que contan. "A violencia de xénero mata, e a falta de interese mata", sinala o seu voceiro.
Un sistema que mellora da comunicación entre alumnado e profesorado, premio Galiciencia
O segundo premio recoñeceu o proxecto de construción dunha carrilana "de tecnoloxía punta" e o terceiro a un sistema para obter enerxía a partir da circulación de vehículos e persoas
A recollida porta a porta en San Sadurniño reduciu o lixo nun 57%
ADEGA e o Concello presentaron os resultados do proxecto piloto de recollida selectiva e compostaxe posto en marcha hai un ano, cunha gran redución dos reciduos enviados a SOGAMA e o conseguinte aforro económico.
Europa pódelles abrir ás vítimas do Alvia as portas que en España seguen pechadas
A plataforma de afectados polo sinistro, acompañada por Ana Miranda (BNG), amosou a súa satisfacción polas xestións realizadas ante as autoridades comunitarias, que se comprometeron a estudar as súas denuncias, propoñendo unha nova xuntanza para comezos do 2016.
“En demasiados casos, as exploracións xinecolóxicas convértense en violacións dos dereitos das mulleres”
Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán gañaron o IX Certame de Poesía IX Certame de Poesía Erótica de Malpica Illas Sisargas con 'A outra voz', un poemario sobre violencia obstétrica. O libro sitúase na liña de denuncia do maltrato que é un dos alicerces da obra de Martínez, na que o percurso pola dor, a xeito de catarse para liberarse dela, xoga un papel fundamental.
Os xefes de servizo rebélanse polo novo hospital de Vigo e Feijóo xa asume "cambios"
A maioría deles únese ás críticas do persoal e da cidadanía e remite un escrito á xerencia para expresarlle a súa "perda de confianza no equipo directivo" ante "a falta de solucións efectivas" aos problemas no Álvaro Cunqueiro. O xerente recoñécese "preocupado" e Feijóo anuncia medidas
"Imposible sen ti": Deportivo e Celta únense pola concordia no derbi
A Xunta apadriña a presentación dunha campaña publicitaria na que se reivindica a rivalidade sá e necesaria entre os dous grandes do fútbol galego a poucos días doutro derbi. "Oxalá non nos falten nunca, porque de todos os partidos do mundo, este é o noso partido", reivindica.
Santiago anunciará nuns días a solución definitiva para os seus comedores escolares
Serunion tamén renuncia á adxudicación, como antes o fixeran Perea Rojas e Villasenín. Os servizos xurídicos co Concello estudan as fórmulas para unha adxudicación directa para o que resta de curso e aseguran que, mentres, o servizo está asegurado