Iberdrola manipulou as súas centrais no Sil para subir o prezo da luz
A CNMC sanciona a eléctrica con 25 millóns de euros porque " "consciente da existencia dun escenario de elevada", decidiu "retirar unha capacidade de produción" das súas centrais para así "elevar o prezo do mercado
3.000 lucenses alumean o ceo polo aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade
Medio millón de farois conmemoran dende o adarve do monumento romano os seus quince anos como patrimonio mundial.
A oposición municipal en Ourense únese para pedir a dimisión de Baltar
Democracia Ourensana, PSOE e Ourense en Común presentarán este luns unha moción conxunta para debatir en pleno na que esixen a marcha do presidente da Deputación. A iniciativa sairá adiante ao estar o PP en minoría no Concello.
Besteiro marca distancias coas forzas "rebeldes" que queren "dividir a poboación"
O secretario xeral do PSdeG critica aqueles que "dividen" entre "rebeldes e submisos" e alude a Grecia para advertir que alí "tamén había un rebelde e deixou de selo".
NÓS saca peito co importante apoio do mundo cultural á súa candidatura
Preto de 400 persoas deste mundo e do activismo social apoian xa a Candidatura Galega. Francisco Pillado, Fernández Paz, Marica Campo, Xabier P. Docampo, Ledicia Costas, Federico Pérez, Quico Cadaval, Guadi Galego ou Margarita Ledo están entre os asinantes.
O fracaso do acordo lácteo: Galicia é o único territorio que cobra menos de 30 céntimos
Os últimos datos sinalan que os gandeiros do país cobran o litro de leite seis céntimos por baixo das explotacións de Andalucía. O sector retomará as mobilizacións a partir da vindeira semana.
Falece o escritor e teólogo vilalbés Xosé Chao Rego
Morreu en Compostela aos 83 anos tras converterse nunha das principais figuras do Estado en temas teolóxicos e antropolóxicos e impulsar a renovación cristiá galeguista a través de revistas como 'Irimia' ou 'Encrucillada'
A loita de Hadrián fai reaccionar a Educación, que activa un protocolo de atención domiciliaria
O alumno que falte máis dun mes seguido ao centro ou seisi ou máis días continuos ao mes durante medio ano recibirá aulas na casa. A Xunta responde ás demandas das Anpas Galegas e da familia do neno de Malpica, pero non fixa un mínimo de horas para calquera rapaz
Detido o alcalde de Dozón, do PP, pola fraude dos cursos de formación
O alcalde de Dozón, Adolfo Campos, foi detido xunto a un dos seus fillos e dúas persoas máis no marco da operación 'Qatedra' pola que xa detiveran o ex rexedor de Santa Comba. Todos foron postos xa en liberdade pero terán que acudir ao xulgado cando sexan requiridos.
Nós Produtora Cinematográfica celebra o seu 15 aniversario con varias novidades
No 2016 fará tamén 40 anos do inicio da súa primeira etapa (fundada por Carlos Varela en 1976). Ten en marcha dous proxectos: o filme Abril de lume e ferro (Xosé Luis Ledo Andión) e o documental Nación (Margarita Ledo)
As eléctricas aproveitan o mercado libre para elevar un 30% as súas marxes de beneficio
As empresas non lles aplicaron aos seus clientes as caídas no custe de xeración de enerxía e coa desaparición -o ano pasado- da tarifa de último recurso eliminouse tamén o prezo máximo de referencia. O prezo da electricidade para os e as consumidoras creceu un 83% dende o 2003.
A Estrada: Un novo uso social para a vella 'casa do mestre'
O Concello pon en marcha un proxecto para rehabilitar vivendas abandonadas, usadas no pasado para acoller os docentes das escolas rurais, e destinalas a habitación de emerxencia