A Marea do día despois
Praza Pública
Pode o coidado dos fillos ser un obstáculo á vida laboral? Si, se es muller
Os datos do INE amosan unha diferenza de 8 puntos entre taxa de emprego das mulleres con fillos e fillas menores de 12 anos (60%) e as que non os teñen (68%). En cambio, os homes con nenos e nenas pequenas (78%) traballan máis que os que nos os teñen (67%)
As mulleres con endometriose ven insuficiente a resposta do SERGAS
QuerENDO diríxese por carta á Consellaría para esixirlle máis explicacións polo incumprimento dos compromisos que hai oito meses se aprobaron por unanimidade no Parlamento
Un país a través dos seus palcos da música
Un proxecto documenta, despois de cinco anos de traballo, máis dun cento destes elementos arquitectónicos, espallados por parroquias de toda Galicia. Os seus autores queren tamén que sirva para colaborar en iniciativas de revitalización e dinamización dos palcos
Xeramos menos residuos, pero só o 15% se recolle de forma separada
En 2013 Galicia reduciu un 2,7% a cantidade de residuos xerados, continuando a tendencia dos últimos anos, pero a inmensa maioría segue recolléndose de forma mesturada
Unha trintena de candidaturas municipais amosan o seu apoio a En Marea
Os movementos municipalistas engaden reclaman unha "primavera longa" e ratifican o seu "compromiso" cun "proceso de cambio" que debe "culminar desaloxando o PP da Xunta".
A Xunta busca darlle a volta á sentenza que anula a licenza da obra do Castelo de Monterrei
O ditame obriga a modificar o permiso construtivo, pendente aínda de resolución por parte da Audiencia Nacional o recurso presentado polo cambio de usos do espazo. Porén, o Goberno galego afirma que o xulgado lle dá a razón.
Vídeos | O voto hipster, de NÓS ou do PP?
Os populares lanzan un vídeo reivindicando que, como "partido máis votado", tamén teñen hipsters no seu electorado. Hai poucos días, a candidatura na que se integra o BNG amosaba que locer longas barbas hai décadas que resulta "moderno".
Benvido, Culturgal 2016!
Unhas 15.000 persoas pasaron pola feira das industrias culturais durante a fin de semana en Pontevedra. A organización traballa xa na organización da vindeira edición.
NÓS leva a petición de dimisión de Baltar ao concello no que é edil
A candidata da plataforma soberanista por Ourense, Noa Presas, retruca ao barón do PP que, "obviamente", ningún membro do Bloque lle pediu "desculpas" por esixirlle responsabilidades políticas no caso da presunta oferta de emprego por sexo.
En Marea apela á "intelixencia colectiva" para culminar o seu programa "en construción"
A plataforma abre este domingo á participación cidadá as súas propostas programáticas, que inclúen iniciativas como unha reforma fiscal, a blindaxe dos servizos sociais na Constitución ou a defensa do dereito de autodeterminación.
NEG propón derrogar a LOMCE e cambios constitucionais para mellorar o ensino
Coincidindo co inicio da campaña electoral Nova Escola Galega presenta un documento cunha serie de medidas, algunhas inmediatas e outras de longo percorrido, para combater os distintos problemas actuais da educación en Galicia.