Os gandeiros manteñen os bloqueos aos hipermercados no sexto día de protesta
A Plataforma na Defensa do Sector Lácteo bloqueou este martes o Eroski de Sarria e mantén tractores en áreas comerciais de Lalín, Monforte ou A Coruña. En Lugo, o colectivo Agromuralla segue con 300 tractores no centro da cidade.
Volve a radio! A noite electoral escóitase en Praza
Na transcendental noite das eleccións xerais do 20-D a redacción de Praza.gal envorcarase na cobertura dos comicios no xornal, pero tamén cunha nova emisión radiofónica. Serán máis de catro horas de radio conducidas polos xornalistas David Lombao, Lara Salgado e David Reinero.
Representantes públicos participaron nos actos relixiosos celebrados este domingo
Alberto Núñez Feijoo, Íñigo Méndez de Vigo e Ana Pastor asistiron en Compostela á apertura da Porta Santa
Gas Natural e Xunta, entidades que máis queixas reciben por discriminar o galego
A Mesa presenta a memoria de actuacións da 'Liña do Galego' en 2015, onde recibiu 156 queixas por vulneración de dereitos lingüísticos, a maioría delas en referencia á actitude das administracións públicas
O lácteo intensifica as protestas e estende os bloqueos a máis comarcas
A Plataforma na Defensa do Sector Lácteo leva os tractores fronte a Eroski, DIA e Lidl en Lalín, Monforte, Vilalba e Sarria mentres mantén o 'cerco' a Carrefour e Alcampo na Coruña. En Lugo, continúa a tractorada e uns mil gandeiros saen en manifestación.
Centos de mans por unha mellor atención educativa para o alumnado con enfermidades
O pasado sábado centos de nenos, nenas, nais e pais participaron en Malpica nunha cadea humana organizada pola Confederación Anpas Galegas reclamando unha nova normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria, e na que participaron Nieves Villar o seu fillo Hadrián
NÓS amosa o traballo militante de 'ensobrado' en varios actos públicos
Responde deste xeito á petición que esta semana lle fixo o Tribunal de Contas ao BNG, ao que lle esixiu as facturas que xustificasen o ensobrado de papeletas realizado nas pasadas eleccións municipais.
Atopan insectos na comida dun colexio de Ribeira
A empresa que xestiona o comedor, Serunión, acumula varias denuncias polas condicións dos menús que serve nos centros escolares. En novembro, unha escola de Boiro detectou o mesmo problema
O 'Novo Cinema Galego' xa ten web
Este domingo preséntase en Pontevedra unha páxina dedicada ao estudo e promoción do movemento, que se irá construíndo con achegas colectivas. Álex Bragaña, Xurxo González, Beli Martínez, Alberte Pagán e Bárbara Primo impulsan o proxecto
“Non ten sentido ter oculto ou descoñecer quen somos”
Montse Dopico entrevista Manuel Portas, ao fío de Lourenço, xograr, a novela coa que gañou o García Barros.
O Concello da Coruña prevé subir o gasto social en 6 millóns de euros en 2016
O goberno local presenta un proxecto de orzamentos "realista" no que "fai prioritarias as políticas de gasto social e o investimento na mellora da vida da xente". PSOE e PP coinciden nas súas críticas a unhas contas "tardías e oportunistas".
Os mariñeiros do cerco a Feijoo: "Vostede non nos representa"
O presidente da Xunta foi abordado á entrada do mitin do PP en Carballo. Os concentrados que xa tentaran falar con el en Marín ou Lalín, acusárono de non defender o sector. Núñez Feijoo respondeu que "sei de que vai isto" e que o actual reparto se "pactou" entre os barcos. Vídeo no interior