Segundo as sondaxes, os populares perderían ata 6 deputados e En Marea obtería grupo parlamentario
As dúas sondaxes publicadas prevén unha vitoria do PP no conxunto do Estado, cun máximo de 124 escanos, e unha axustada loita entre Podemos (por diante en votos) e PSOE (por diante en escanos) polo segundo posto. PP e Ciudadanos non sumarían maioría absoluta. En Galicia os populares ficarían en 9-10 representantes (15 en 2011), por diante de En Marea (6-8), PSOE (4-5) e Ciudadanos (1-2)
A participación ás 18 horas sobe un chisco en Galicia
Tería votado o 58,51%% do censo electoral fronte ao 57,28% de hai catro anos, máis de un punto de diferenza. Increméntase a participación nas provincias da Coruña e Pontevedra e baixa nas de Lugo e Ourense.
A participación ás 14 horas crece medio punto en Galicia
Medra nas provincias da Coruña e Pontevedra e descende en Lugo e Ourense. No conxunto do Estado cae un punto, e só aumenta en Euskadi, Navarra, Madrid e as provincias de Valencia e Zaragoza
20-D: Aínda que chova
Este domingo é día de eleccións e chuvia, pero nin sequera as precipitacións, que irán cesando durante o día, serán escusa dabondo para evitar ir votar. Praza.gal comezará unha cobertura especial da noite electoral ás 19:50, co inicio da emisión radiofónica na que, contra as dez e media da noite, agardamos contar xa con datos definitivos duns comicios apaixonantes.
Callón reivindica NÓS como "rumbo firme para Galiza" e "garantía para mudar o goberno do Estado"
A candidatura nacionalista reivindícase como a mellor garantía para defender os intereses do país e tamén para impedir que "goberne a dereita, nin a vella, nin a nova".
O Concello da Coruña pagou 12.000 euros pola charla dun economista a pouco do 24M
O executivo local de Negreira gastou case 11.000 euros tan só en dietas e aloxamento para Rodríguez Braun, catedrático e columnista achegado ás FAES. O novo goberno municipal fíxose cargo das facturas pendentes por un acto a un mes das eleccións locais.
Besteiro pide a En Marea que aclare a quen apoiaría no Congreso
O líder dos socialistas galegos carga contra a "indefinición importante" da candidatura de confluencia e contra Ciudadanos por "non existir nin querer existir en Galicia". "É imposible facelo peor nunha campaña", di sobre a formación de Albert Rivera.
Falece o xornalista e escritor Xosé Fernández Ferreiro
Foi un dos fundadores do grupo Brais Pinto e autor, entre outras obras, de A morte de Frank González, Morrer en Castrelo do Miño ou Agosto do 36, coa que gañou o Premio Xerais. Era tamén membro de número da Real Academia Galega
O lácteo segue na rúa tras aprobarse un contrato homologado que non serve para subir os prezos
O SLG desmárcase do acordo que si asinaron XXAA e UUAA, que aclaran que non é a solución aos baixos prezos que reciben as explotacións galegas. Mulleres gandeiras maniféstanse en Lugo mentres se manteñen os bloqueos a varias áreas comerciais.
A xustiza europea avala o 'tax lease' e anula a decisión de Bruxelas de devolver as axudas
O Tribunal Xeral da UE dá a razón ao Estado e anula a decisión da Comisión de declarar ilegais as axudas españolas aos estaleiros, que obrigaba aos investidores a devolver as bonificacións fiscais de entre 2007 e 2011.
O xulgado admite a trámite a denuncia de emprego por sexo contra Baltar e pide copia das gravacións
A xuíza chama a declarar á muller que demandou o presidente do PP provincial e pide á Fiscalía as gravacións das conversas. A aceptación da denuncia coloca nunha complicada situación o barón ourensán en plena campaña electoral.
A Axenda Feminista 2016 está dedicada ás científicas galegas
Doce investigadoras galegas, de diferentes ámbitos, protagonizan a nova edición desta iniciativa do Observatorio da Mariña pola Igualdade