E para pechar o ano... Verbena Galega na Praza do Obradoiro!
Estará presentada por Isabel Risco, e actuarán Os d’Abaixo, O Sonoro Maxín e o picadiscos Bigote Mix, con entrada libre e de balde. Comezará ás 23.15 horas, con parada para as badaladas e as uvas e conexión en directo coa TVG
Louzán revoga un acordo coa Coruña e crea un conflito entre Concello e Federación
A administración local advirte á FGF que reclamará unha indemnización nos tribunais logo de que a entidade botase atrás un convenio para construír a súa nova sede central en San Pedro de Visma
Un ano para lembrar a Manuel María e as Irmandades
Galicia conmemorará en 2016 o centenario da fundación do histórico colectivo, clave no futuro do país, da súa cultura e da súa organización política, e dedicará as Letras ao poeta da Terra Cha, fundamental tamén na literatura e na defensa da lingua propia e da identidade do país
Os gandeiros de Lugo manteñen as protestas cunha cazolada na sede da Xunta
Reclaman ás administracións que aumenten os controis para evitar a entrada de leite foráneo e critican os acordos da Plataforma na Defensa do Sector coas cadeas de distribución. O Goberno central advirte dos beneficios do acordo lácteo e cre que serán maiores a medio e longo prazo.
As cifras de 2015 desmenten a recuperación en Galicia
A última enquisa do IGE revela os problemas económicas da maioría de fogares galegos, tan só unha das estatísticas deste ano que revela a difícil situación da economía familiar: menor protección aos parados, salarios máis baixos, aumento da precariedade e continua emigración.
'Refuxiado', palabra do ano por diante de 'feminicidio'
Foron escollidas por votación popular no Portal das Palabras, iniciativa da RAG e da Fundación Barrié. Rechouchío, indignación, xihadismo e plebiscitario foron as outras catro verbas finalistas.
A oposición desbota o plan para dinamizar o galego na economía, que considera "inservible"
PSdeG, AGE e BNG censuran o Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico presentado en Comisión por Valentín García ao considerar que é "tremendamente deficiente" e que "non serve para defender nin mellorar a situación do galego"
Máis de 330 hectáreas arderon xa polos incendios no mes de decembro en Galicia
As lapas queimaron máis de 200 hectáreas tan só nos últimos dez días. Triacastela e A Merca sufriron senllos incendios nesta última fin de semana que afectaron un total 43 hectáreas.
Guía para non perderse coas comisións dos caixeiros no 2016
O 1 de xaneiro entran en vigor as novas comisións por retirar cartos dos caixeiros. Abanca acordou co resto de entidades de Euro 6000 e mais Bankia e Sabadell aplicar unha tarifa máxima de 65 céntimos.
Besteiro, entre o apoio a Pedro Sánchez e a reivindicación ante En Marea
Besteiro arroupa o líder do PSOE e lémbralles aos baróns críticos que o partido goberna en varias autonomías grazas a Podemos. Mantén que os socialistas son a segunda forza en Galicia e advirte das diferentes sensibilidades que conviven na "coalición de partidos".
A nova alcaldesa popular de Rairiz de Veiga foi designada nun pleno ilegal
A sesión na que foi elixida Asunción Morgade, en substitución dun rexedor condenado por prevaricación, "non cumpriu coa legalidade", segundo o informe da secretaria. O PSOE advirte do aval de Feijóo e Baltar á manobra e lembra que "o PP nunca deixou de amparar o goberno e o anterior alcalde"
Beiras insta a "cercar" o PSOE para evitar o goberno do PP e ve "posible" confluír co BNG
A coordinadora nacional de Anova márcase como próximos obxectivos "acadar a maioría no Parlamento galego" e "colaborar para sacar o PP do goberno de España". O seu covoceiro advirte aos socialistas que permitir a investidura dun presidente do PP "sería cavar a súa propia fosa"