Ferrol pediralle á Fiscalía que investigue se a depuradora incumpriu a lei
A tenente de alcalde, Beatriz Sestayo, confirmou a intención do Concello de levar o sucedido á vía xudicial e anunciou que en breve se fará pública a auditoría encargada para esclarecer os feitos e analizar o funcionamento desta infraestrutura.
55 anos de 'Memorias dun neno labrego'
O 5 de xaneiro de 1961 Xosé Neira Vilas publicaba en Bos Aires a obra, da man da editorial Follas Novas, dedicada “a todos os nenos que falan galego”.
O Goberno central volve adiar o dragado da ría do Burgo tras anuncialo en campaña
Medio Ambiente apraza seis meses o prazo de alegacións do proxecto e os mariscadores acusan o Goberno central de "electoralismo" por non informar previamente da solicitude e por "buscar agora que a presentación do documento coincida coas autonómicas"
Decálogo para agasallares xoguetes non sexistas nin violentos
Os agasallos de Reis son unha boa oportunidade para transmitirlle á rapazada a aposta pola igualdade e a non violencia. Velaquí algúns consellos á hora de seleccionar xogos e xoguetes.
As renovables xeraron en 2015 o 37% da enerxía... a pesar de Rajoy
A achega destas fontes caeu seis puntos con respecto a 2014, nun contexto de maiores dificultades para a produción solar e eólica. O pasado ano, ademais, a luz encareceuse un 5,3%, segundo FACUA, 46 euros para un fogar medio
Máis do 57% dos fogares chega con dificultade a fin de mes en Galicia
Case un 43% di que o fai "con facilidade ou moita facilidade", segundo unha nova enquisa do IGE, que reflicte que a confianza do consumidor galego volveu baixar no último cuadrimestre.
A CUP dille 'non' a Artur Mas
Os dez deputados e deputadas da formación anticapitalista absteríanse nunha votación de investidura. Insta a Junts pel si a presentar outro candidato. Doutro xeito, Catalunya celebrará novas eleccións en marzo.
Os Museos Científicos Coruñeses recibiron 52.000 visitas máis que en 2014
Con 433 mil persoas, Casa das Ciencias, Domus e Aquarium obtiveron os seus mellores resultados de afluencia en catro anos
Os visitantes estranxeiros levan os hoteis galegos ao seu mellor ano dende 2010
A falta de coñecer o dato de decembro, a cifra de viaxeiros que pasaron polos hoteis da comunidade rolda os 3,9 millóns, un máximo histórico que supera os 3,8 millóns do ano 2010. O número de pernoctacións rolda os 7,4 millóns
A Casa-Museo de Rosalía informatiza toda a súa documentación histórica
Cartas, fotografías, manuscritos e outros materiais, tanto da propia poeta coma da Fundación quedan así ao dispor de investigadores e investigadoras.
As 7 mulleres asasinadas pola violencia de xénero igualan o peor dato dos últimos anos
Este venres houbo concentracións en repulsa pola morte de Marina, veciña de Mos, a mans do seu home. Tan só en 2008 se rexistrara unha cifra semellante, que mesmo pode incrementarse co peche dalgunha investigación aberta.
Feijóo despide 2015 en clave electoral e pide manter a "estabilidade" da que presume
O presidente da Xunta promete "máis medidas" de apoio social ou á familia para 2016 e presume de xestión nunha mensaxe de fin de ano na que reclama "establecer pontes" que "permitan aos españois seguir convivindo e avanzando". Vídeo no interior.