A produción industrial continúa estancada en Galicia
Aínda que ao longo de 2015 se vén rexistrando unha lenta mellora, o Índice de Produción Industrial segue nos mesmos niveis de 2013, e moi por debaixo dos valores previos á crise. Ademais, crece por debaixo da media española
Flores, pombas e mazás para lembrar a Díaz Pardo
O cemiterio de Boisaca, en Compostela, acolleu este domingo unha homenaxe ao artista, no cuarto cabodano da súa morte. Xesús Alonso Montero pediu no acto "salvar o fondo de Isaac Díaz Pardo"
Puigdemont abre unha lexislatura "excepcional" e de "preindependencia" en Catalunya
O que será novo president comprométese no seu discurso inicial no pleno de investidura a aplicar a declaración independentista do pasado 9N e camiñar cara á "desconexión" co Estado seguindo o labor de Artur Mas.
Tatán: "Cantar é unha ilusión que tiven desde moi novo"
Quen teña escoitado antes a Tatán cantar no CoraSons ou en Maria Fumaça non se vai sorprender. Chapeu, o primeiro disco deste coñecido actor da compañía de monicreques Tanxarina, é a súa voz rota. A súa paixón. O bo humor que ten sempre. E moita variedade de estilos.
Acordo a última hora en Catalunya: Mas renuncia e non haberá eleccións
O novo president será Carles Puigdemont, alcalde de Girona, logo dun pacto que, segundo Artur Mas, implica que dous deputados da CUP se incorporan "á dinámica parlamentaria de Junts pel Sí"
Vence aposta por un BNG "clave" para derrotar o PP e pide "repensar discurso e alianzas"
O voceiro nacional pide "poñer ao día" o Bloque, cuxo proxecto "xógase" nas autonómicas, e cre que a formación debe "tomar decisión valentes e audaces, sabendo que é preciso sumar para derrotar a dereita e o centralismo que representa o Partido Popular”
O PSOE xa abre a porta a que En Marea conte con grupo propio no Congreso
Malia o rexeitamento dalgún sector socialista, Simancas advirte que se negocia un "acordo global" con todas as formacións para que o Congreso e o Senado "reflictan a pluralidade da sociedade española". Un informe de Aymerich avala a petición do grupo galego.
Besteiro anuncia a convocatoria de primarias e volve marcar distancia con En Marea
O líder do PSdeG anuncia un comité extraordinario no que se convocarán as primarias para elixir candidato á Xunta nun frío comité nacional no que di aspirar a obter "a confianza dos progesistas cuxa prioridade non é a autodeterminación"
Os gandeiros advirten á industria e a patronal ameaza a tractorada de Lugo
A Plataforma na Defensa do Sector Lácteo non descarta acudir aos tribunais se as industrias incumpren o acordo alcanzado coas cadeas de distribución. A Confederación de Empresarios de Lugo insta a Agromuralla a poñer fin ás mobilizacións e avisa que acudirá á Subdelegación.
A Lei de Acuicultura comeza a xerar malestar interno no PP
O alcalde de Vilanova de Arousa manifestouse publicamente en contra do proxecto. Noutros concellos, como Rianxo, os populares rexeitaron apoiar a norma proposta pola Xunta trala presentación dunha moción. Este mes outras localidade debaterán iniciativas semellantes
Fomento licita o treito da A-76 que atravesará a Serra de Enciña da Lastra
Os 10,7 quilómetros discorren entre Requejo (León) e A Veiga de Cascallá, no Concello de Rubiá, a través de dez viadutos e tres túneles. O concurso valora principalmente o abaratamento da obra. A A-76 ameaza a Ribeira Sacra e o seu recoñecemento como Patrimonio da Humanidade.
6 vídeos para lembrar a Isaac no seu cabodano
O 5 de xaneiro de 2012, hai catro anos, finaba Isaac Díaz Pardo. Deixámosvos seis vídeos para recordalo a través da súa propia voz e as súas palabras.