Moitas letras por Lermos.gal
A revista Lermos.gal comeza a súa andaina coa vocación se se converter nun "punto de encontro da literatura en galego".
O mellor do 2015, en Fervenzas Literarias
O público da revista literaria escollen obras de Riveiro Coello e Rivas entre o libros do ano e outorgan o recoñecemento a Praza Pública como mellor medio de comunicación por cuarto ano consecutivo.
A CRTVG acepta corrixir as bases de cotización do seu persoal, trala denuncia de fraude
O pasado mes de setembro a CUT alertou dunha débeda coa Seguridade Social de catro millóns de euros e o propio director xeral do ente recoñeceu no Parlamento que eses incumprimentos superaban os 1,6 millóns
O cerco sae decepcionado de Madrid e pide á Xunta que "mova ficha"
A principal asociación de cerqueiros cualifica de "improdutiva" a xuntanza e a CIG advirte de que o Goberno central "non vai moidificar o sistema de reparto de cotas", polo que solicita ao Executivo de Feijóo que "defenda o mar" e tome a iniciativa para resolver o conflito.
O xuíz do caso Alvia rexeita todos os recursos contra o peche da instrución
A Audiencia Provincial da Coruña deberá decidir agora se pecha o caso e convoca xuízo oral ou se hai que seguir investigando.
A Asociación Galega de Apicultura e a Granxa Arqueixal, premios 'Osíxeno'
ADEGA fixo públicos os nomes da 15º edición dos seus galardóns, que sinalan o peor e o mellor do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O premio Dioxina sinalou a ENCE e ao "decepcionante resultado" do Cumio do Clima de París.
Os gandeiros reclaman á industria a suba inmediata de dous céntimos no leite
Os produtores reclaman a Medio Rural a súa mediación para que as fábricas apliquen a suba que xa levaron a cabo as áreas comerciais tras as mobilizacións de decembro. Agromuralla decide hoxe se deixa a mobilización de Lugo ou apela ante o TSXG a resolución da Subdelegación
Implicadas, afiadoras da realidade
Implicadas no Desenvolvemento celebrou en Compostela o Implícate 2016!, que apelou ao compromiso co Sur sen paternalismos, visións exotizantes nin caridades.
O hospital da Coruña, líder estatal en transplantes durante 2015
O complexo coruñés realizou 258 transplante o pasado ano, no que o número de persoas doadoras aumentou case un 20% en Galicia. Durante eses 12 meses o país rexistrou case 40 persoas doadoras por cada millón de habitantes.
Mariñeiros do cerco péchanse en tres Concellos malia unha nova proposta de Mar
Membros de Acerga comezan un peche "indefinido" na Coruña, Bueu e Porto do Son. A agrupación e Cerqueiros Galegos achegan posturas tras unha nova xuntanza tras a que a Xunta propón un solo mínimio de capturas para todo o sector que será aprobado ou non en asemblea polos colectivos
O galego, protagonista no congreso da Modern Language Association
O evento máis importantes de linguas e culturas do mundo, celebrado en Austin (Texas, EUA) do 7 ao 10 de xaneiro, acolleu un bo número de relatorios dedicados aos estudos galegos.
Varias localidades galegas acumulan en 4 días máis chuvia que en novembro e decembro
Diversos puntos do país rexistraron nos primeiros dez días do ano case o dobre de precipitacións que en novembro e decembro.