Lalín celebra o seu primeiro cocido sen 'papel couché'
A capital do Deza celebra este domingo o día grande da súa festa gastronómica sen Encomenda do Cocido e substituíndo o xantar oficial por un "cocido solidario".
Denuncian a corta dun carballo de 160 anos por mor dunha obra de Fenosa
Amigos da Terra alerta a Medio Rural e Patrimonio da desaparición do centenario carballo de Vilar de Astrés, en Ourense, na contorna do Camiño de Santiago.
"ENCE fóra": Pontevedra clama na rúa contra a herdanza de Rajoy
Milleiros de persoas toman o centro de Pontevedra para rexeitar a prórroga á permanencia da pasteira na ría que vén de conceder o Goberno de España en funcións. Vídeo no interior.
En Marea advirte ao PSOE dun pacto co PP que "daría osíxeno ao goberno moribundo de Feijóo"
Alexandra Fernández insiste ante o rei na disposición da formación galega a apoiar un "goberno de cambio" e apela a Pedro Sánchez fronte á "tentación conservadora do felipismo zombi". Beiras acusa a Felipe VI dun "minigolpe palaciego" ao propor a Rajoy.
A Audiencia Nacional anula a suspensión da actividade de Causa Galiza
A sala do penal estima o recurso da defensa e revoga a decisión do xuíz Velasco, que podería volver ser efectiva nos vindeiros días.
A Xunta destitúe unha alto cargo aos tres meses de nomeala para manter o bloqueo na Deputación de Lugo
O Consello da Xunta nomea o substituto de María Ángeles Teijeiro como directora xeral de Inclusión Social, que non chegou a tomar posesión para non ter que renunciar ás súas actas de edil e deputada en Lugo
O CHUS inaugura unha unidade publico-privada de investigación oncolóxica
Na inauguración participaron o presidente da Xunta, os concelleiros de Sanidade e Economía e altos directivos de Roche Farma España. No último ano o Goberno galego botou a andar 19 departamentos deste tipo, e prepara unha nova convocatoria de axudas para promover novas unidades.
As protestas do persoal de Linorsa obrigan o Concello de Vigo a actuar
A concesionaria da limpeza en instalacións municipiais, que recentemente se beneficiou dunha prórroga, débelle dous meses de soldo aos seus traballadores e traballadoras. O pleno aproba por unanimidade unha moción da Marea que ameaza con rescindir o contrato se a empresa non paga.
En Marea tende a man ao PSOE pero cunhas condicións "concretas" para Galicia
A coalición galega advirte da "realidade socioeconómica" diferenciada do país e reclama un plan de reindustrialización, solución ao lácteo ou ao cerco e un novo sistema de financiamento local como base para un acordo que inclúa "o recoñecemento da plurinacionalidade"
A testemuña protexida corrobora a versión policial sobre o asasinato de Jimmy
Corrobora a súa versión inicial, na que sinalara dous dos catro detidos no seu día pola morte do seareiro deportivista e que foran postos en liberdade polo xuíz do caso malia a "estupefacción" dos axentes, que achegaran multitude de datos que os implicaban
A nova ameaza da megaminería para a Costa da Morte
A Xunta autoriza a exploración de máis de 4.300 hectáreas en Zas, Vimianzo, Santa Comba e Coristanco por parte dunha empresa cuxo administrador foi xulgado por graves delitos medioambientais en Madrid. Varios colectivos presentarán alegacións ao expediente.
Mos debate o gasto irregular de milleiros de euros en obras antes das eleccións
O Goberno local proporá no pleno deste luns un recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar 350 facturas pendentes, máis de medio millón de euros. "Fóiseme a man coas obras nas municipais", di o concelleiro de Facenda.