Outro desaloxo en Vigo ante a falta de alternativas
Unha veciña de 50 anos, vítima de maltrato, e o seu fillo son desaloxados da vivenda que ocupaban ante a imposibilidade de acceder a un aluguer social e axudas. "É unha mostra fiel de que as administracións non son quen de actuar en casos de extrema necesidade", denuncia a ODS-Coia.
Riobóo mantén o pulso á dirección estatal e di que seguirá a liderar Podemos en Galicia
O aínda secretario xeral da formación entende que non ten por que presentarse ás primarias ao ser "xa escollido" polos afiliados no país e advirte do "poder de decisión" do partido morado na comunidade. Desde Madrid advírtenlle que está destituído.
Dous anos do desastre do Monte Neme e sen solucións á vista
O 10 de febreiro de 2014 rebentou unha das balsas de residuos da antiga canteira, provocando un vertido de 24 mil metros cúbicos de lodos, auga e pedras. Aínda non se levaron a cabo as actuacións de protección e rexeneración do lugar
Ferreiro chama desde Berlín a estender as 'cidades rebeldes' por Europa
O alcalde da Coruña avoga por ampliar a cooperación xa existente entre varios gobernos locais no Estado durante a súa participación no lanzamento do Movemento pola Democracia en Europa (DiEM 25), impulsado polo ex ministro grego de Economía, Ianis Varoufakis.
O PP aproba a Lei do Solo coa oposición frontal do resto dos grupos
PSdeG-PSOE, AGE e BNG denuncian que a norma se inspira "no modelo de liberalización e desregulación de Aznar", afirman que "nace morta" e comprométense a derrogala se nas vindeiras eleccións as forzas conservadoras non acadan a maioría en Galicia.
Na morte de 'Bens': Que fago se atopo un lobo mariño na praia?
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños lembra as precaucións que cómpre ter no caso de atopar un animal como o aparecido a pasada semana nunha praia coruñesa, que vén de falecer por mor da desnutrición que padecía.
Voces galegas na posta en marcha do movemento europeo que impulsa Varoufakis
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participa este martes en Berlín na estrea de DiEM25, plataforma promovida polo ex ministro grego que pretende unir forzas críticas e a cidadanía na UE para plantar cara á austeridade e lograr "maior transparencia, democracia e xustiza social".
SOGAMA reitera a súa intención de facer compost a partir dunha recollida selectiva que non realiza
Os pregos técnicos especifican que a planta de compostaxe traballará coa fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos. Porén, a empresa non leva a cabo esta recollida selectiva. ADEGA denunciou a pasada semana a imposibilidade legal de facer compost a partir de materiais misturados
UGT e CCOO saen á rúa este luns polo dereito á folga
Baixo o lema 'Folga non é delito. Derrogación do art.315.3 do Código Penal, xa!', os dous sindicatos mobilízanse en varias localidades galegas contra a "criminalización" da protesta e o "retroceso inaceptable das liberdades públicas e das vías de participación democrática".
Presións homófobas da Garda Civil para retirar un premio?
A Federación Automobilismo retira un galardón á axente que intentou suicidarse no cuartel de Pontedeume, acción que a súa familia atribuíra ás coaccións pola súa condición sexual. A parella e a Unión de Gardas Civís culpan os "poderes ocultos" do corpo da retirada do recoñecemento.
A aposta de Yolanda Díaz por En Marea enfronta a Lara e Garzón en IU
Cayo Lara pediu á deputada galega que se unise aos de IU-UP para formar grupo propio. Alberto Garzón forzouno a rebaixar as peticións e retrucou acusándoo de "enorme irresponsabilidade": "Galegos e cataláns teñen que axudarnos, pero nunca a custa de romper as confluencias"
Rueda aspirará a presidir o PP de Pontevedra e deixará a secretaría xeral do partido
O vicepresidente da Xunta desliga este movemento dunha posible sucesión de Feijóo