O acordo da esquerda fai caer o executivo de Passos Coelho
A moción de rexeitamento presentada polos socialistas recibiu 123 votos a favor e 107 votos en contra. PS, BE e CDU asinaron un pacto para gobernar Portugal os vindeiros catro anos. Depende do Presidente da República, Cavaco Silva, o nomeamento dun novo primeiro ministro.
Foro Económico insta a Xunta a implicarse máis na industrialización do sector lácteo
Un informe sobre o sector destaca que Galicia é a única das dez principais rexións lácteas da UE que non fixo un investimento industrial importante nos últimos anos. O FEG critica o acordo lácteo por nacer "coxo" e reclama ao Goberno galego que logre o "compromiso" das industrias co país
Quince meses de cadea a tres estudantes por "atentado contra a autoridade" nunha protesta ante Feijóo
Os mozos aceptaron a condena logo dun pacto coa Fiscalía para evitar a entrada en prisión, aínda que manteñen a súa inocencia. Terán que pagar máis de 1.000 euros en concepto de indemnizacións aos axentes da policía
A loita de Hadrián por unha xusta atención educativa bate co desleixo da Xunta
O conselleiro de Educación planta a nai deste pequeno de Malpia, coa que concertara unha xuntanza para tratar a problemática do seu fillo, que reclama máis horas de atención domiciliaria ao non poder acudir ao colexio por unha grave enfermidade. Tan só recibe seis á semana.
Unha lexislatura de retrocesos para a liberdade de prensa
O informe do Instituto Internacional de Prensa, publicado a pasada semana, alerta de numerosas eivas para a información en España, dende a Lei Mordaza ao funcionamento dos medios públicos. O documento únese ás críticas realizadas polo Colexio de Xornalistas e outras entidades.
Besteiro reclama o AVE a Lugo que Feijóo prometera facer con cartos da Xunta
Acusa o PP de "condenar" a provincia á "desconexión coa alta velocidade e as novas infraestruturas ferroviarias" e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lembra que “non hai un só euro de investimento previsto para a estación intermodal" nin nos orzamentos da Xunta nin nos do Estado
As PAH galegas piden no Parlamento medidas urxentes para asegurar o dereito á vivenda
Entregarán este martes unha proposta de moción na que demandan modificacións lexislativas e accións políticas para evitar os desafiuzamentos, crear un parque público de vivenda e alugueiro social e garantir os subministros básicos.
Histórica e multitudinaria marcha estatal contra as violencias machistas
Milleiros de persoas participan na primeira marcha estatal contra as violencias machistas para esixir que as agresións de xénero se convirtan en cuestión de Estado. Unha ampla comitiva galega participou na manifestación.
Un investigador lucense, premio á mellor tese de Xeografía no Estado
Horacio García, actualmente profesor na Universidade de Concepción (Chile), centrou a súa investigación nos procesos de erosión, transporte e sedimentación nos ríos galegos
Galicia tamén berrará en Madrid contra todas as violencias machistas
Doce autobuses e centos de persoas uniranse á marcha de Madrid este sábado, a primeira mobilización estatal contra a violencia machista á que se unirán colectivos de todos os territorios. Todos os partidos, agás PP e Ciudadanos, apoian a protesta.
O alcalde de Becerreá reuniuse con Elena Candia antes de votar co PP na Deputación de Lugo
PSdeG e BNG denuncian un "pacto escuro" de Manuel Martínez cos conservadores. Os socialistas estudan medidas contra o deputado rebelde, que coa súa votación retirou media dedicación e asesores ao grupo do Bloque.
Factoría de Subsistencia presenta en Pontevedra o seu novo disco
O novo proxecto musical do intérprete Josito Porto presenta en concerto ás 21.00 horas no Teatro Principal o seu álbum Cerca da túa orella. Praza publicará este venres unha extensa entrevista con Porto.