Tres probas abren este domingo o calendario de BTT e marchas ciclistas
Vigo, Cuntis e Burela acollen tres das primeiras probas BTT do ano en Galicia. Un bo momento para repasar algunhas das citas deste ano en Galicia. Destacamos o Desafío Delio Fernández, presentado a pasada semana, e a segunda edición do Gran Fondo Ézaro.
En Marea inclúe a derrogación da prórroga de ENCE entre as condicións para apoiar a Sánchez
A candidatura galega propón cinco propostas "para o cambio en Galicia", con medidas inmediatas coma un novo acordo lácteo, solucións para o cerco e unha nova Lei de Financiamento Local. Pídelle ao PSOE que se "defina" e rexeita por completo un acordo con Ciudadanos, o "PP 3.0".
Fajardo segue á fronte da Federación de Confrarías malia ter a maioría na súa contra
62 votos pediron o seu cese e só 37 o apoiaron. Porén, ao votar só 99 das 126 persoas censadas, o criticado presidente alega que non se acadou a maioría cualificada que -entende- sería necesaria para esixir a súa marcha.
Pere Gimferrer, Escritor Galego Universal 2016
A Asemblea Xeral da AELG acordou tamén outorgar a Dolores Macías Pose, e a Mini e Mero os Premios Mestres/as da Memoria 2016, que se entregarán o vindeiro 19 de marzo en Lugo
O avance da acuicultura industrial baixo o paraugas dos gobernos de Feijoo
ADEGA debulla as razóns polas que rexeita a Lei de Acuicultura proposta pola Xunta e salienta as sucesivas modificacións lexislativas de que dende o 2009 se levaron a cabo para beneficiar as grandes industrias de produción de peixes.
Sarria amosará unha escolma do mellor cine galego recente
O evento, dirixido por Alberte Blanco, terá lugar do 26 ao 28 de febreiro. Exhibiranse unha ducia de filmes, premiados en festivais de todo o mundo, coa participación dunha decena de directores e directoras.
'Loba', filme sobre o parto natural convertido en fenómeno social, chega a Galicia
A película proxectarase a vindeira semana en Vigo, Compostela e Ribadeo, coa presenza da súa directora, Catherine Béchard e o impulso de entidades locais pro-parto respectado e en defensa da lactación materna.
Política Lingüística promociona un concurso de relatos no que só se pode participar en castelán
O departamento da Xunta encargado da normalización do galego difunde un certame organizado pola Fundación Cela, de carácter público, no que se exclúen todas as linguas que non sexan a castelá.
O machismo volve asasinar en Galicia
Unha muller de 40 anos foi asasinada pola súa parella en Becerreá. Diversas mobilizacións condenarán o asasinato e a violencia machista este venres e o sábado.
Comeza a conta atrás para o Womex 2016
O evento celebrarase en Compostela do 19 ao 23 de outubro. Desde hoxe até o 15 de abril, artistas de todo o mundo poderán presentar as súas propostas musicais, que serán avaliadas por un xurado composto por sete expertos de todo o planeta
A Audiencia Nacional mantén a suspensión de actividades de Causa Galiza
O auto do xuíz Velasco acorda suspender as actividades da organización independentista durante un ano e mantén a imputación das nove persoas que foran detidas ao abeiro da operación 'Jaro'.
Aumentan as reaccións de apoio aos titiriteiros
As plataformas municipalistas da Coruña, Compostela, Barcelona e Zaragoza esixen a retirada dos cargos e din que "estamos ante unha estratexia para desestabilizar o Concello de Madrid". Jueces para la Democracia sinala que "non é propio dunha sociedade democrática perseguir penalmente a sátira"