O Sergas aínda supera en 19 días o tope legal de espera para operarse
O Goberno de Feijóo encara o final da lexislatura incumprindo o tempo máximo de espera 60 días para intervencións cirúrxicas, límite a partir do que é posible traspasar doentes á privada. A agarda media redúcese a finais de 2015 en case dous días grazas á redución das elevadas listas do Povisa.
A Coruña pon en común "as loitas das nacións sen Estado e dos pobos oprimidos"
A Universidade da Coruña acollerá o 19 e 20 de febreiro as xornadas 'A historia da Europa Decolonial e da Europa dos Pobos sen Estado' nas que participarán, entre outros, Boaventura de Sousa Santos, Xosé Manuel Beiras e membros da CUP ou do SAT
Con ENCE de fondo: "Stop eucalipto, avante carballo!"
21 organizacións presentan en Pontevedra unha campaña para denunciar a extensión desta especie e a degradación dos hábitats autóctonos, demandándolle á Xunta unha serie de medidas concretas
Os mariñeiros galegos comezan a batalla xudicial tras outro 'non' de Noruega
O Executivo nórdico reitera a súa negativa a pagar as pensións que reclaman milleiros de ex mariños e abre a pelexa xudicial de Long Hope, que presentará o vindeiro martes a súa demanda contra o Estado noruegués e que pode acabar en Estrasburgo.
Feijoo destaca que "a militancia decidirá" quen dirixe o PP en Pontevedra
O líder dos populares galegos responde así aos rumores que sitúan o seu número dous, Alfonso Rueda, presentando a súa candidatura para presidir o partido nesta provincia, que Feijoo considera "clave". O 20D PP perdeu alí un terzo dos seus votos
Euskadi únese a Castela-A Mancha na recuperación das 35 horas para os funcionarios
En Galicia os sindicatos da función pública tamén reclamaron a modificación nunha medida (o incremento de 35 a 37,5 horas) decretada pola Lei de Orzamentos de 2012.
O 'catastrazo' que engade incerteza ao rural galego
As instalacións agrarias pasan agora a incluírse no IBI. Cortes, invernadoiros e alboios que estaban exentos pagarán a contribución, medida que se une á revisión catastral que regulariza vivendas e aumenta valoracións. UUAA pide aos concellos a taxa mínima e bonificacións fiscais.
Tragsa: entre os 77 despedimentos e o soldo de 190 mil euros do seu presidente
Persoal da empresa pública concentrouse este mércores ante o Parlamento pedindo a readmisión dos traballadores e traballadoras que en Galicia poden perder o seu emprego polo ERE e denunciando a xestión da compañía con algúns dos directivos mellor pagados do sector público.
Dimite o concelleiro de Moraña que insultou a Carmela Silva
Jorge Caldas, edil de Igualdade polo PP, escribira en Facebook que a presidenta da Deputación de Pontevedra era unha "mala zorra". Os partidos da oposición pediron a súa renuncia, mentres que Núñez Feijoo se limitou a pedir "desculpas"
A Xunta destina 200.000 euros a mercar entrevistas e reportaxes en catro medios
A Consellería de Industria asinou dous meses antes das eleccións municipais convenios con catro empresas editoras de xornais para a publicación de informacións sobre a súa actividade.
O sector TIC emprega en Galicia o dobre de homes que de mulleres
O informe do Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA) amosa que en 2014 seguiu crecendo o número de empresas tecnolóxicas e de contidos, así coma o seu peso na economía galega, aínda que se perderon postos de traballo
Catro anos a alargar a Praza Pública
Este 1 de febreiro facemos catro anos. 11.000 novas despois afrontamos o novo ano coa aposta de afrontar novos retos xornalísticos que pasan, indispensablemente, polo apoio da comunidade e das entidades que confían en Praza Pública.