Levamos séculos vivindo do mar. Por que non tentamos facer tecnoloxía para el?
O 27 e 28 de febreiro Vigo acollerá o Hackathon Sanjurjo Badía un evento para aprender ou para competir, adaptando hardware de consumo para facer innovación e desenvolvendo tecnoloxías aplicadas ao medio mariño.
O cerco levanta o seu campamento, pero manterá a mobilización
Un acto simbólico, no que interviron o presidente de Acerga -José Blanco- e unha das voceiras das mulleres dos armadores do sector, serviu para poñer fin á acampada do sector, que este luns volverá faenar. Porén, advirten que as protestas seguirán: "sen xustiza non haberá supervivencia"
Rebelo de Sousa, favorito nas eleccións presidenciais de Portugal
O candidato conservador, apoiado por PSD e CDS-PP, supera o 50% en todas as sondaxes e podería evitar a segunda volta. Pola esquerda, António Sampaio da Nóvoa rolda o 20%, seguido de Maria de Belém e Marisa Matias.
30 anos do pasamento de Pucho Boedo... E cada día canta mellor!
O cantante coruñés finou o 26 de xaneiro de 1986. Este luns vindeiro luns, na véspera da efeméride, proxectarase no CGAI na súa honra o documental Un crooner na fin do mundo, unha homenaxe que continuará na praza de Sellier
CxG acorda explorar "unha nova candidatura de unidade"
A formación abrirá conversas para constituír "unha gran candidatura galega", pero a decisión definitiva será adoptada pola militancia, nunha convención que se celebrará en abril
Oque.gal: Algunha pregunta?
Hai uns días a Asociación Cultural Chuza! lanzou un portal web de preguntas e respostas colaborativas en galego, que emprega ferramentas de código aberto e software libre. Falamos do seu funcionamento cun dos seus responsables.
“Hai momentos da historia nos que algunhas persoas se converten en salvaxes porque cren ter dereito”
A amizade, e a unión que pode agromar da creatividade compartida, como acubillo no medio da represión, da violencia extrema. Diso fala Palabras malditas, a nova obra de Teatro do Noroeste, que vén de estrearse no Teatro Rosalía da Coruña.
Admitido o recurso contra a suspensión de Causa Galiza
A Audiencia Nacional admite a trámite o recurso presentado pola defensa contra a suspensión das actividades da organización política tras un erro procedimental, aínda que a ilegalización podería volver ser totalmente efectiva nos vindeiros días.
O lácteo inicia un boicot a Lactalis por non trasladar a suba de prezo da distribución
A Plataforma na Defensa do Sector acusa o grupo francés de "perpetrar unha estafa" ao "apropiarse" do incremento que a distribución pactara para que lle fose trasladado ás explotacións. Os gandeiros piden aos consumidores galegos que non merquen as marcas da empresa gala.
En Marea ábrese a apoiar un "goberno alternativo" se o PSOE fai "propostas de esquerdas"
Alexandra Fernández trasládalle ao rei a intención da coalición de facilitar un executivo de cambio e apoiar a investidura de Pedro Sánchez se o proxecto "é reformista". A formación galega insiste na necesidade dun "proceso constituínte" para un "exercicio real da soberanía"
Pacientes de Oncoloxía do hospital de Santiago denuncian "carencias" por mor dos recortes
Critican as esperas de ata 4 horas para acceder á sala de tratamento ou problemas no transporte e alertan da redución do cadro de persoal por vacacións dos e das titulares sen que se realizasen contratos de substitución.
O cerco insiste no "trato de favor" da Xunta a unha minoría do sector
Acerga advirte que a súa mobilización conseguiu a "rectificación" da Administración e "máis cota da prevista" para os seus asociados, pero insiste en que non cederá na súa "loita por un sistema de repartición xusto".