Fegamp e Xunta coordínanse por fin para atallar a praga da avespa asiática
A Federación Galega de Municipios e Medio Rural acordan coordinarse para abordar "de maneira máis efectiva" a grave incidencia da velutina e logo das críticas de apicultores e concellos.
Urbaser busca nos xulgados recuperar a taxa de saneamento suspendida en Ferrol
A filial do Grupo ACS presentou un recurso contencioso-administrativo contra o Concello para repoñer o imposto, anulado cos votos de Ferrol en Común, PSOE, BNG e Ciudadanos por estar sendo cobrado de forma fraudulenta, sen cumprir co servizo ao que estaba ligado
O PSdeG usa a baza das mareas galegas para reclamar un 'si' a Pedro Sánchez
O PSOE usa unhas declaracións de Carmena, nas que pedía "un acordo para un goberno de cambio", para reclamar o apoio de Podemos. Besteiro alude a En Marea a través dos alcaldes das candidaturas municipalistas e lémbralles que o PSdeG permitiu que gobernasen para lograr "o cambio"
O PP vota en contra de evitar que os galpóns computen á hora de pedir bolsas
Os deputados populares opuxéronse a unha proposta do PSdeG-PSOE que demandaba que se establecen excepcións para impedir que as familias do rural queden excluídas da posibilidade de recibir estas axudas.
A Coruña acolle unha mostra de curtas de directoras galegas
No Fórum Metropolitano proxectaranse este xoves, venres e sábado obras de Alexia Muiños, Xisela Franco, Virginia Curiá, Olga Osorio, Olaia Sendón e Sonia Méndez.
A xestión directa dos parques de bombeiros aforraría custes, segundo a Deputación da Coruña
Os entes provinciais de Pontevedra, A Coruña e Lugo propuxéronlle ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a creación dunha comisión xurídico-técnica para avanzar no proxecto de xestión directa dos parques de bombeiros. Tan só Ourense aposta pola xestión privada.
Os gandeiros esixen á Xunta un "plan de choque" inmediato para deter a crise láctea
O Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo impulsado pola Xunta celebra a súa primeira xuntanza coa presenza de tan só dúas industrias. Os produtores volven reclamar medidas "xa" máis aló das que se artellen a través deste cónclave.
A regulación laboral de PSA en Vigo pode afectar máis de mil traballadores
O ERE extintivo presentará tres modalidades: para veteranos, maiores de 50 e menores desta idade que queiran ter dereito preferente de reingreso. AGE esixe á Xunta que condicione as axudas públicas a Citröen á permanencia da produción e ao mantemento do emprego.
‘O principio de Arquímedes’, ‘Ensaio sobre a cegueira’ e ‘Presidente’ dominan os María Casares
As producións de Teatro do Atlántico, Sarabela Teatro e Teatro do Morcego suman o maior número de candidaturas e compiten polo premio ao mellor espectáculo. Os e as gañadoras coñeceranse o 30 de marzo na gala que se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Unidade sindical para demandarlle ao SERGAS a recuperación dos empregos destruídos
CIG, CC.OO., UGT, CSI-F, CESM, SAE, Satse e O'Mega convocan unha manifestación para o vindeiro xoves 10 en Compostela. Denuncian a saturación que sofren os e as profesionais, a precariedade do persoal eventual e a "privatización encuberta" da sanidade galega
O feminismo galego manifestarase este domingo en Compostela
Plataforma Feminista Galega, Assembleia Feminista Galega ou Mulheres Nacionalistas Galegas, entre outras entidades, convocan a marcha, á que se unirán outros colectivos, e que terá como lema “Feminismo para avanzar, xuntas na mesma loita”
A Fiscalía investiga as eivas na asistencia aos abortos na Coruña
A Fiscalía Superior de Galicia vén de remitir á Fiscalía Provincial da Coruña a presunta falta de asistencia ás mulleres que interrompen o embarazo pasadas as 14 semanas. As denuncias de varias afectadas fixeron agromar máis casos en máis hospitais públicos de Galicia.