Chévere conducirá a gala dos XX Premios María Casares
A compañía proporá unha gala musical na que intervirán un total de 14 artistas no escenario. A cerimonia dos galardóns do teatro celebrarase o 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
O Camiño tínguese de laranxa
Galicia convértese esta fin de semana na capital do Traballo Social ao celebrarse en Santiago o Día Mundial do Traballo Social con diversos actos, entre os que están unha marcha laranxa on profesionais de todo o Estado desde o Monte do Gozo ata a Praza da Quintana
Besteiro confirma que non será candidato á Xunta pero seguirá como líder do PSdeG
O secretario xeral dos socialistas galegos di que abandonan a carreira electoral "por responsabilidade e por coherencia" pero advirte que "se frea" a súa candidatura "pero non o cambio en Galicia".
O BNG iniciará contactos para formar outra candidatura de unidade nacionalista
O novo Consello Nacional dá "luz verde" ao inicio da súa "refundación", un proceso "absolutamente novidoso", segundo a súa voceira nacional, Ana Pontón, que aposta por que o Bloque sexa "chave" na derrota da dereita e de Feijóo.
A Fiscalía arquiva as dilixencias abertas polos abortos sen asistencia no CHUAC
Pecha o caso menos de dúas semanas despois de abrir a investigación tras a denuncia do Defensor do Paciente polas eivas no trato ás mulleres que sofren abortos euxenésicos no Materno Infantil da Coruña. A PGDA intentará presentar unha demanda colectiva.
Beiras insiste en "reformular" En Marea de cara ás autonómicas
O líder de Anova aposta por virar a coalición nun "partido instrumental" que facilite a súa ampliación e asegure tamén o grupo propio no caso de que se repetisen as eleccións xerais.
'A forma das cousas', comedia negra para explorar os límites do amor e da arte
O Teatro Colón da Coruña acolle o vindeiro día 18 a estrea da adaptación da obra de Neil Laboute, adaptada e dirixida por Carlos Álvares-Ossorio e protagonizada por Sara Casasnovas, Victoria Pérez e Machi Salgado.
As reformas laborais e a Lei Mordaza, centro das críticas no 10 de marzo
Os sindicatos coincidiron na ofrenda floral a Amador e Daniel en Ferrol, pero esta tarde manifestaranse por separado.
Concellos e entidades sociais celebran a anulación parcial da reforma local
A sentenza do TC permitirá que os municipios ofrezan servizos sociais e sanitarios. O Colexio Oficial de Traballo Social destaca que o ditame “avala o municipalismo" e que "supón un balón de osíxeno para o cuarto piar do Benestar Social"
Mariña Patrimonio denuncia que as talas de eucalipto destruíron 30 xacementos
Castros e mámoas nas comarcas do norte de Lugo víronse afectados por maquinaria pesada, que tamén causou prexuízos en especies arbóreas autóctonas e bosques de ribeira.
O 15-M, cinco anos despois: Pontevedra acolle este sábado as xornadas 'Das prazas ás institucións'
No encontro, organizado por Marea Pontevedra, participarán Íñigo Errejón ou Xulio Ferreiro, así como concelleiros/as de Ourense en Común, Compostela Aberta e Marea Atlántica, deputados/as de En Marea e activistas sociais.
Unha morea de actos para reivindicar a muller en Galicia
Xunta, concellos, universidades, sindicatos e movementos feministas conmemoran o Día Internacional das Mulleres con numerosos actos no país, desde manifestacións ata exposicións fotográficas, pasando por cambios no rueiro ou denuncias sobre a precariedade laboral.