A UE teima nas deportacións masivas de persoas refuxiadas entre a oposición cidadá
Centos de persoas rexeitan nas rúas galegas o acordo da Unión con Turquía por "inhumano" mentres o Congreso acorda por unanimidade que Rajoy o rexeite se inclúe expulsións colectivas.
O Concello de Lugo presenta o recurso contra a anulación da ordenanza do galego
Vén de pedir a admisión a trámite do recurso de casación contra a sentenza que anula parte da ordenanza do galego.
As escoitas da Patos amosan a presunta fraude no Centro de Día de Ponteareas
CxG pide a dimisión de Belén Villar, ex tenente de alcalde da localidade e hoxe concelleira na oposición, imputada na operación xudicial que investiga os contratos realizados por Xunta, Deputación de Pontevedra e varios concellos á construtora Eiriña, Aquagest e outras empresas
A Xustiza prohibe usar "Galicia" para promocionar mexillóns sen denominación de orixe
A Audiencia de Pontevedra ratifica nunha sentenza firme que os produtos alleos ao Consello Regulador Mexillón de Galicia non poden ser presentados como galegos. A denominación de orixe insta a Xunta a "facer cumprir a lei".
Varios concellos retiran a bandeira da UE das súas sedes polo trato aos refuxiados
A Deputación de Lugo únese á iniciativa de concellos como os da Coruña, Pontevedra e Ferrol ao arriar a bandeira comunitaria como acto de "repulsa simbólica" á política europea cos refuxiados.
O cinema de aquí navega: 10 filmes galegos no Play-Doc
A No Cow on the Ice (Eloy Domínguez Serén), que competirá con outros catro títulos na sección oficial, únense as nove películas da Sección Galicia, na que destaca a crecente presenza e impacto internacional dos seus autores e autoras
Os promotores da planta de batata da Costa da Morte téntano agora en Viana do Bolo
A SGHN denuncia un proxecto "fantasioso, faraónico e ambientalmente moi prexudicial" de planta para produción de metanol e hidróxeno. Un dos impulsores estivo xa implicado noutras iniciativas enerxéticas fracasadas e paralizadas pola xustiza.
Galicia mobilízase este mércores contra o acordo UE-Turquía polos refuxiados
Oposición, sindicatos e numerosos colectivos sociais e cidadáns convocan a cidadanía a mobilizarse a prol dunha "pasaxe segura" para as persoas refuxiadas e amosar o "absoluto rexeitamento á política da UE" ante a crise humanitaria.
As mulleres con endometriose "non somos invisibles"
Alumnado do IES As Barxas, de Moaña, realizou un vídeo que en tres minutos busca explicar como é sufrir esta doenza, que en Galicia afecta a 60 mil persoas, pero para a que non hai unidades especializadas e multidisciplinares, como denuncia querENDO
'O Descoñecido' e 'Lobos Sucios', favoritas para os Mestre Mateo
Os dous filmes suman 15 e 14 nominacións, respectivamente, mentres que a serie Hospital Real acada os 11 finalistas. Os premios entregaranse o vindeiro 23 de abril no Pazo da Ópera de A Coruña.
Pontevedra queda como o "último reduto" das touradas en Galicia
A capital do Lérez é a única localidade galega que ten garantida a celebración de corridas de touros neste ano e sede da única praza no país logo de que A Coruña e Sarria suprimisen os apoios municipais. Galicia Mellor sen Touradas fai balance e xa albisca a abolición destes festexos en Galicia.
Podemos non ve con malos ollos que En Marea vire en partido instrumental
O número dous da formación morada, Íñigo Errejón, asegura en Pontevedra que “o xeito de concorrer ou a fórmula xurídica” tan só é unha “cuestión secundaria” e que o importante é que "siga sendo quen de atraer a esa maioría social que pide un cambio nas institucións” en Galicia.