Medio Rural reserva 1,2 millóns de euros para tres campañas publicitarias en período preelectoral
A Consellería ultima a contratación de accións publicitarias sobre o leite, a carne e os produtos galegos en xeral. Os anuncios serán difundidos entre xuño e decembro e cadrarán, en todo caso, coa etapa previa ás eleccións.
O PIB galego, aínda un 6,3% por debaixo do anterior á crise
A pesar do incremento rexistrado en 2015 (3,2% segundo o INE e 2,1% segundo o IGE), o peso da economía galega (54.907 millóns de euros) está lonxe de recuperar o nivel de 2008. O PIB do conxunto de España é un 4,4% inferior ao de hai sete anos.
Pontevedra e Lugo abren ao grande un Ano Castelao inzado de actos
Unha exposición sobre o traballo pictórico do autor e a obra 'Que comerá o rei?', de Cándido Pazó, botan a andar a conmemoración do político, escritor e artista rianxeiro, homenaxeado hoxe no Día das Artes Galegas. As deputacións lucense e pontevedresa impulsan unha ampla programación.
A Coruña estrea o sábado a 'benvida cidadá' para bebés nados na cidade
O Concello únese á inciativa que xa levaron a cabo outros municipios e celebrará unha vez ao mes estes 'bautizos civís'. "É un acto bonito cun simbolismo que reivindica valores de cidadanía e que non intenta competir con nada", aclara.
Teatro do Atlántico triunfa nos María Casares
O teatro galego celebra a súa gran festa no Teatro Rosalía da Coruña. "Pedimos que a TVG, pola súa propia saúde -dixo- dedique o máximo esforzo en esixir da profesión teatral a máxima dedicación e excelencia no seu traballo", di a AAAG.
A Deputación de Lugo asegura que membros do PP "gozaron das viaxes" que investiga De Lara
O PSdeG sitúa a actual delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, entre as beneficiarias das viaxes. O PP ve a resposta do goberno da Deputación "insuficiente, nesgada e tendenciosa" e anuncia novas "accións".
Os recortes en Correos afondan na falta de servizos no rural galego
A empresa elimina varios medios técnicos que impiden aos usuarios realizar trámites nas oficinas auxiliares, claves nas localidades menos poboadas e destinadas a desaparecer segundo denuncian os sindicatos. A Deputación de Lugo presenta moción para esixir que pare o "desmantelamento".
Os María Casares: o teatro galego fai festa coas Irmandades da Fala na lembranza
O Teatro Rosalía da Coruña acolle o vindeiro mércores a entrega dos premios do teatro galego, que chegan á súa vixésima edición cunha gala conducida por Chévere.
Cuac FM celebra 20 anos en antena
O 27 de marzo de 1996 iniciou as súas emisións esta radio comunitaria, que naceu co apoio da Universidade da Coruña
A política, baixo o cristal da filosofía, esta semana en Pontevedra
Este luns comeza en Pontevedra a XXXIII Semana Galega de Filosofía, centrada este ano na relación entre filosofía e política, facendo fincapé nas mobilizacións contra o TTIP e a reivindicación de soberanía e democracia ante o poder transnacional.
A dignidade comeza por unha vivenda digna. En Guatemala e en todas partes
Este 31 de marzo a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios presenta na Coruña El derecho a un techito, un documental sobre o traballo que fai Arquitectura sen Fronteiras en Guatemala e sobre o dereito a unha vivenda digna, neste país e en todo o mundo.
Riobóo aposta por confluír con Mareas en Común de cara ás autonómicas
O aspirante a revalidar a secretaría xeral de Podemos-Galicia cre que o proceso de confluencia aberto polas mareas municipalistas "está aprendendo de erros cometidos anteriormente" en En Marea e "vai máis na liña de facer algo amplo, participativo, diverso e ademais transparente"