CC.OO. insta a Xunta a retirar a campaña na que ironiza con que desempregados "odiarán o espertador"
"O último que precisan as persoas desempregadas é que o seu goberno lles falte ao respecto", di o sindicato ante a campaña coa que a Xunta promociona os fondos europeos para o emprego.
Un xornalista, multado coa lei mordaza por informar dunha actuación policial
Un periodista da revista vasca Argia, sancionado con 601 euros tras subir á súa conta de Twitter "sen autorización" a foto dunha operaación policial
O PP de Castela-León recúa e non apoiará a investigación do accidente do Alvia
A plataforma que agrupa as vítimas e familiares de vítimas do sinistro cre que detrás do cambio de posición están as presións exercidas pola dirección estatal do partido, ao que acusan de xerarlles "aínda máis dor"
Mobilización e alegacións contra o proxecto da planta de metanol en Viana do Bolo
SGHN, Adega ou Salvemos Cabana son algúns dos colectivos que advirten das escuras intencións dos promotores dun proxecto "fantasioso, faraónico, prexudicial e delirante".
O Supremo ordena devolver o Conde de Fenosa da Coruña ao seu estado orixinal
O alto tribunal anula dous ditames do TSXG e ordena que se execute a sentenza de 2001. O Concello di que a sentenza non altera a súa "folla de ruta" nin o acordo municipal de outubro de 2015 para a legalización e demolición parcial.
As tres candidaturas a liderar Podemos-Galicia apostan pola confluencia nas eleccións galegas
Ángela Rodríguez, Carmen Santos e Breogán Riobóo abren a campaña das primarias cun debate na TVG.
Dúas provincias galegas lideran a importación de leite no Estado malia a crise do sector
A Coruña e Lugo, os territorios que máis producen, recibiron 167.000 toneladas de produto foráneo durante 2015 ao tempo que as explotacións teñen queu vender os excedentes por baixo de custos.
"Nin Feijóo está convencido de renovar o seu mandato"
A oposición amósase convencida da derrota do PP. Noriega cre que as "dúbidas" do presidente da Xunta ante a súa candidatura demostran que non confía na vitoria e Pontón está "convencida" de que haberá cambio. Beiras non pecha a porta a ser candidato pero veo "inverosímil".
Táboas e escaso fútbol no derbi galego
Deportivo e Celta empatan nun partido no que os coruñeses sorprenderon no principio aos celestes, que non foron quen de materializar con ocasións claras a súa superioridade a partir do empate. Os branquiazuis acabaron con dez nun encontro, unha vez máis, sen incidentes.
O TSXG anula o plan do Barrio do Cura
A sentenza, que atende un recurso presentado pola Casa de Caridad de Vigo, supón un golpe decisivo ao proxecto, que xa estaba paralizado. O Concello descarta recorrer o ditame
O pleno da Coruña aproba o orzamento con emendas votadas por PP e PSOE
Os dous partidos apóianse para impoñer propostas nunhas contas que saen adiante co 'si' da Marea e do PSOE. O BNG abandona o pleno que considera "esperpéntico" e Ferreiro advirte da "situación difícil" do executivo e acusa a populares e socialistas dunha "moción de censura encuberta".
O Sergas, condenado por tardar nove meses en citar para unha operación urxente
O TSXG condena a Sanidade a indemnizar con 40.000 euros un paciente que non puido ser intervido dunha hernia discal ao agravárselle a lesión pola tardanza das listas de espera e que quedou cunha minusvalía do 33%.