A caída do 'Obama galego'
Sinaí Giménez, presidente da Asociación del Pueblo Gitano de Galicia, foi detido este martes por presunta extorsión a vendedores ambulantes. En 2015 foi candidato á alcaldía de Vigo.
A 'Primavera das Letras' está na rede
A través deste proxecto, presentado este luns na Coruña, a RAG fornecerá a comunidade escolar de recursos didácticos relacionados co Día das Letras Galegas a través da súa web.
O BNG ratifica que concorrerá ás eleccións galegas coas súas siglas
Pontón admite que "moitas persoas" apostan por que encabece a candidatura, unha decisión "que non é para tomar á lixeira", e confía en que ningún membro da formación "pida o voto para outra forza política".
O estudantado volve á folga contra a Lomce e "os pactos que non a derrogan"
Erguer e Asemblea de Folga convocan manifestacións e paro xeral para este mércores 13, xornada que o Sindicato de Estudantes estende tamén ao día 14. O alumnado está chamado a mobilizarse contra o Decreto 3+2 e contra a lei Wert, do que as organizacións esixen a súa eliminación
As anpas compostelás piden reducir o peso da parte económica nos concursos de comedores
A Federación de Anpas presentoulle á concellaría de Educación as súas propostas, que inclúen a promoción dos produtos de proximidade e de tempada e a participación das familias.
A lembranza de José Couso fai 13 anos a esixir xustiza, agora coa lei en contra
Senllas concentracións en Ferrol e Madrid esixirán esta fin de semana "xustiza" e rexeitarán a reforma da xustiza universal que obrigou ao arquivo da causa
Oito iniciativas galegas, "inspiradoras" para outras comunidades lingüísticas
O proxecto HITZARGIAK. Linguas que se iluminan mutuamente escolleu o Modelo Burela, Agasallo, Apego, Cantalingua, Club de debate, Como cho digo;-), Gústame o galego e Tíralle da lingua.
57 finalistas optan aos Premios Martín Códax da Música
Aparecen premiados e candidatos nas dúas edicións anteriores, como Crebinsky, Davide Salvado, Wöyza, Transilvanians, Xoel López ou Caxade. Os gañadores coñeceranse na gala de entrega dos galardóns, que se celebrará o 28 de abril.
Vence, Aymerich ou Bascuas debaten este venres sobre o nacionalismo na Coruña
Varias figuras políticas participan nun debate público e aberto sobre o futuro inmediato do nacionalismo e a súa conexión coas demandas da sociedade. Será a partir das 16.15 horas na Facultad de de Dereita da Universidade da Coruña.
Ferrol denuncia "deslealdade institucional" de Xunta e Goberno central
O Executivo en funcións de Rajoy non responde a petición de entrevista co ADIF e a Xunta fai o mesmo ante as solicitadas a Augas de Galicia, Consellería do Mar e co propio Núñez Feijoo, sinala o Concello.
Anova desmárcase das negociacións con Ciudadanos
Beiras asegura que a súa formación "non entrará" nas conversas con Podemos, PSOE e a formación laranxa, á que ve como "unha impostura, unha camuflaxe de organización"
O Sergas leva a Vigo á Fiscalía pola "inacción" ante o aparcamento no Cunqueiro
Denuncia os problemas de tráfico na contorna do novo hospital ocasionados polo estacionamento irregular e ante a "inacción" da policía local e da administración municipal.