A Gala do Libro Galego xa ten finalistas
Os premios organizados por AELG, Asociación Galega de Editores e Federación de Librarías de Galicia, entregaranse no Teatro Principal de Compostela o vindeiro 14 de maio
Medio cento de cargos e militantes do BNG piden a Pontón que aspire á Xunta
Ana Miranda, Lores, Jorquera, Callón ou Mini forman parte dun grupo de apoio que aposta por que a voceira nacional se presente ás primarias abertas do Bloque para ser candidata nas autonómicas.
Compromiso decide como concorre ás eleccións e marca o seu "punto de inflexión"
A militancia da formación galeguista elixe este domingo entre participar nun espazo de confluencia ou presentar candidatura propia ás eleccións galegas.
O Congreso pide acelerar a construción da autovía da Ribeira Sacra
PP, PSOE e Ciudadanos votan a favor da continuidade dun proxecto criticado polo prexuízo que pode provocar no medio e nas opcións de que a zona sexa declarada Patrimonio da Humanidade. Terá un custe de 1.221 millóns de euros e escaso tráfico
Ti decides por onde debe pasar o bus urbano en Lugo
O Concello vén de presentar a iniciativa Móvete por Lugo, a través da cal a cidadanía poderá participar no deseño do novo mapa de liñas da cidade
A Xunta sanciona un de cada dez camións investigados con leite traído de Portugal
No que vai de 2016 houbo 419 revisións por parte da Administración galega na fronteira a camións cisterna, dos que 40 acabaron por ser sancionados por irregularidades
A selección galega volverá en Riazor con Fran e Salgado de adestradores
O combinado galego vivirá a súa reestrea no estadio coruñés o vindeiro 20 de maio co ex deportivista e o ex celtista serán no banco, tal e como avanzou o presidente da Federación, Rafael Louzán.
Milleiros de estudantes reclaman na rúa a "derrogación total" da Lomce
As organizacións estudantís cifran o seguimento da folga en Secundaria e na Universidade entre o 80 e o 90% e a Xunta redúcea a "minoritaria". Galería de fotos no interior.
'Freelances': Ser 'ninja' para sobrevivir
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración lanza unha campaña de sensibilización sobre as "malas prácticas" e abusos que sofren este tipo de traballadores/as. Inclúe unha guía con informacións e recursos prácticos para "moverse nun mercado complexo"
Denunciado un pesqueiro da Coruña por levar a bandeira galega
A Capitanía Marítima de Santander abre un expediente a un buque por izar a insignia galega xunto á española cun tamaño superior ao permitido. A multa pode ascender aos 120.000 euros e CCOO pide á Xunta que actúe para "paralizar o expediente" e denuncia a "persecución" ao símbolo
Entidades sociais renovan a súa aposta polo 'X Solidario'
Máis da metade dos e das contribuíntes galegas marcan o recadro de fins sociais na declaración da renda.
AGE despide un empregado detido nunha investigación de presunta pornografía infantil
A Unidade de Investigación Tecnolóxica da Policía examina o ordenador dun empregado do grupo de Alternativa. A Cámara ratifica que se trata dun caso "alleo" á institución.