Obradoiro de webseries: O movemento demóstrase andando
O Carballo Interplay inicia este luns un obradoiro para ensinar a crear unha serie web, impartido polos responsables de Malviviendo. O resultado poderá verse no marco do festival, que celebrará do 5 ao 7 de maio a súa terceira edición
100 obxectos para explicar un país
O Consello da Cultura Galega inaugura o vindeiro 10 de maio a exposición Galicia 100, con outras tantas pezas que amosan a nosa historia e a cultura. A iniciativa contará cunha app e unha web que amosará as animacións realizadas a partir dos elementos seleccionados
O Concello coruñés protesta na FEB polo corte ao himno galego no Básquet Coruña-Breogán
O goberno local da Coruña lamenta ante a Federación Española de Baloncesto a "falta de respecto" e o equipo lucense confirma que o himno "soará" nos dous encontros que ambos clubs disputarán esta semana.
O BNG pide unidade municipal contra un financiamento que 'quita' 1.500 millóns a Galicia
Cada concello galego recibe 50 euros menos por habitante que a media estatal para o financiamento de servizos municipais, segundo advirte o BNG, que reclama unha alianza das cidades para mudar un sistema "discriminatorio" que fai perder a Galicia 1.512 millóns de euros.
Pontón chama á autocrítica pero "mirando con orgullo" a traxectoria do BNG
A voceira nacional do Bloque lánzase á precampaña nun masivo acto en Pontevedra enmarcado no proceso Adiante. Reivindica o valor da formación "dando a cara polo país" e carga contra quen acaban convertidos en "comparsas dos intereses doutros partidos estatais".
A sinistralidade laboral en Galicia aumenta un 9% en 2015 e un 7% no que vai de 2016
En 2015 faleceron 61 traballadores, segundo os datos nos que repara UGT-Galicia, que denuncia o "alarmante repunte" da sinistralidade no traballo e critica o descenso nos recursos que a Xunta lle dedica á prevención de riscos laborais.
A necesidade "urxente" de mudar o modelo enerxético
A Estrada acolle a xornada 'Presente e futuro enerxético da Galiza no Contexto Europeo', na que expertos advirten da necesidade de camiñar "cara á transición enerxética" e tomban mitos como o de que o país non é dependente.
As bases de En Marea rexeitan con claridade o pacto PSOE-Ciudadanos
O 95,5% dos participantes di 'non' a apoiar un goberno baseado no pacto PSOE-C's nunha consulta na que votaron máis de 2.000 persoas, case a metade das persoas inscritas. O 86,7% amósase favorable a traballar por un goberno de cambio.
O rap de Manuel María
A RAG destaca a iniciativa do mestre López Cabana, que introduce o seu alumnado de Primaria na vida e obra do protagonista das Letras a través da composición dun tema musical. O docente xa explorara as posibilidades educativas destas cancións hai máis dunha década. Ver vídeo no interior.
Galicia e o Acordo de París contra o cambio climático
Este 22 de abril, Día da Terra comeza o período de sinatura do Acordo de París. Galicia está á cabeza do Estado nas emisións contaminantes por habitante, xunto aos outros territorios nos que tamén hai centrais de carbón.
As Letras Galegas do 2016 comezan en Bos Aires
Feijóo e Noriega inauguran a feira do libro da capital arxentina, onde Compostela é cidade convidada.
100 anos de Xosé Velo, o revolucionario, o mestre, o poeta
Este xoves celébrase o centenario do seu nacemento en Celanova. Vén de crearse unha web que recolle información e documentación relacionada con este activista, que pasou á historia pola toma do Santa María en 1961, pero que foi moito máis.