Os sindicatos piden a derrogación das dúas últimas reformas laborais
As distintas centrais marcharon por separado nas manifestacións celebradas en Galicia, aínda que coincidiron nas súas mensaxes centrais, chamando a loitar a prol dos dereitos laborais e sociais e a facer efectiva esa loita nas eleccións de xuño.
Podemos defende unha En Marea "democratizada" como base para as autonómicas
Ames acolleu unha asemblea aberta a todos os círculos galegos. A formación salienta que "o único espazo de confluencia posible é En Marea" e que "se o proxecto de Mareas en Común quere apoiar o cambio en Galicia debe sumarse á democratización de En Marea"
Leiceaga presenta unha candidatura "enraizada na esquerda e nun galeguismo sen complexos"
Convértese no primeiro aspirante ás primarias do PSdeG-PSOE, que o 28 de maio escollerá o seu cabeza de lista para as eleccións autonómicas. Fai un chamamento a construír "unha alternativa sólida e solvente" para derrotar a Núñez Feijoo
Ana Pontón, designada candidata do BNG
Defende unha candidatura que teña “a cabeza e o corazón” no país e quere "converter en oportunidade para Galiza o fracaso das forzas estatais en dar unha alternativa a Rajoy"
Un sindicato noruegués denuncia ante o Consello de Europa a situación dos mariñeiros galegos
Fellesforbundet for Sjøfolk (FFFS) presentou unha demanda contra o Goberno do seu país sinalando que a súa exclusión do sistema de seguridade social supón unha violación da Carta Social Europea
Os Martín Códax da Música entregaron os seus premios
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu a gala da terceira edición dos galardóns promovidos pola Asociación de Músicos Ao Vivo. Antón Corral foi recoñecido co premio honorífico
Igualdade defende a adxudicación á súa ex xefa de prensa: non foi "ilegal"
López Abella resalta que todos os contratos do seu departamento se axeitaron á legalidade. Entre eles atópase a compra de figuras de Sargadelos na vila da secretaria xeral porque, argumenta a Xunta, eran "máis baratas".
O Colexio de Xornalistas considera "inadmisible" a reacción de Cebrián
A entidade cualifica as medidas adoptadas polo presidente executivo de PRISA de "ataque á liberdade de expresión"
A Audiencia Nacional investiga se o Pastor branqueou centos de millóns da Gürtel
O xuíz ordena investigar se 470 persoas empregaron contas abertas na sede do banco na Coruña para mover 1.200 millóns de xeito irregular a través de 34.000 operacións en sete anos. O acto aclara que a entidade non actuou coa "esixible dilixencia".
A Plataforma Feminista denuncia a campaña "machista" de Alcampo no Día da Nai
O hipermercado situou carteis suxerindo como agasallos nesta celebración aspiradoras, microondas e outros electrodomésticos de limpeza ou cociña. A PFG insta a empresa a retirar os cartaces.
Mocións en concellos e institucións contra a ilegalización de Causa Galiza
Formacións políticas que rexeitan a suspensión de actividades da organización independentista impulsarán mocións en municipios, Cámara galega, Congreso ou Eurocámara contra a "montaxe política-policial" da operación 'Jaro'.
María Xosé Queizán, homenaxeada do 'Día das Galegas nas Letras'
A viguesa sucede a Dorothé Schubarth e María Victoria Moreno no recoñecemento impulsado pola plataforma de crítica literaria A Sega. Os actos celebraranse en agosto