A Audiencia Nacional ilegaliza de vez Causa Galiza
Desestima o recurso contra a suspensión de actividades da organización independentista
Os froitos da reforma laboral: traballadores pobres e parados ao límite da exclusión
Un informe de UGT-Galicia sobre as consecuencias da regulación laboral do Goberno de Rajoy corrobora con datos que "nin xerou emprego nin reduciu o paro" pero si fixo aumentar a precariedade e a temporalidade, ademais de empeorar as condicións dos desempregados.
Compostela, capital das letras en Bos Aires
Santiago é a cidade convidada na Feira do Libro da capital arxentina, unha das máis importantes do mundo, que se inaugura este mércores. Xunta a Concello organizan unha variada programación para o evento.
Pontón, a un paso de ser elixida candidata do BNG á Xunta
A portavoz nacional do Bloque confirma que se postula como candidata á Presidencia no proceso que culminará, o vindeiro día 30, coa proclamación no Consello Nacional da formación.
En Marea realizará unha consulta para decidir a súa posición ante a investidura
As votacións, a través da web da candidatura, serán este xoves e venres. Poderán participar as persoas que xa se inscribiran o pasado mes de novembro e, ademais, abrirase un prazo de novas inscricións este martes e mércores
Compromiso presentará candidatura propia ás eleccións autonómicas
O 71% dos afiliados e afiliadas optou por concorrer en solitario aos comicios, fronte a un 29% que apostou por sumarse a unha candidatura plural con En Marea.
O arquivo da imputación de Manuel Martínez "non muda a súa situación", segundo o PSOE
A investigación referíase a unha obra executada pola Deputación de Lugo en Portomarín cando era deputado responsable da área de Vías e Obras. Os socialistas celebran a decisión xudicial, pero critican que Martínez optase "por tirarse aos brazos de precisamente quen o denunciou, o PP".
'No cow in the ice', de Eloy Domínguez, gaña o Play-Doc
O xurado da crítica internacional CAMIRA premiou tamén a Le terrain, de Bijan Anquetil, cunha mención para Occidente, de Ana Vaz. Este domingo péchase a duodécima edición do festival tudense.
"É rechamante que os medios públicos galegos non teñan un espazo dedicado ao cómic"
O programa de radio Metrópoles Delirantes, especializado en banda deseñada, chega ás 50 emisións, consolidado como un punto de encontro e difusión fundamental para o sector en Galicia. Falamos cos seus responsables, Nieves Rodríguez e Manuel Barreiro
O STEG dá a coñecer experiencias innovadoras no eido da lingua
O Museo do Pobo Galego acolle este sábado as primeiras Xornadas de Innovación Educativa: Palavrar a lingua, que incluén contidos específicos sobre as Irmandades da Fala e un obradoiro de lusofonía
Un recoñecemento “aos campesiños, obreiros, estafetas e enlaces que apoiaron a guerrilla"
Camilo de Dios recibiu este venres na Coruña a distinción como Republicano de Honra 2016 coa que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica quixo render homenaxe ao conxunto do Movemento Guerrilleiro Galego
Pídenlle á Xunta que declare a caducidade das concesións mineiras da Terra Chá
A empresa norueguesa Erimsa ten tres concesións aprobadas dende o ano 2006 para extraer seixo en 5.700 hectáreas nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto. Porén, en 2013 a xustiza paralizou os proxectos de explotación.