Así é a nova camiseta da selección galega
A nova camisola, da marca Nike, é branca, "en recordo da orixinal de 1922", segundo lembra a Federación. A segunda equipación mestura o azul mariño e outro máis claro.
PPdeG: unha moción de censura municipal cada dous meses
Os populares veñen de impulsar a última en Santa Comba, onde un acordo con TEGA desaloxará o socialista José Antonio Ucha, e suman xa cinco desde o 24-M. Boimorto, Oia, Pontecesures e Noia foron os outros municipios onde os conservadores lograron acceder ao poder.
Marrocos impide a entrada dunha delegación galega no Sáhara
Autoridades marroquís expulsan varios deputados e activistas de El Aaiun e obríganos a regresar ás Illas Canarias. O grupo denuncia a "actitude antidemocrática" do Executivo.
Romeu e Leiceaga competirán por ser o candidato do PSdeG á Xunta
Gonzalo Caballero queda fóra das primarias socialistas ao non reunir os 1.010 avais necesarios. Os dous aspirantes superan con amplitude o mínimo esixido.
A loita da sanidade viguesa enquístaselle a Feijóo na rúa
Decenas de milleiros de persoas saen de novo ás rúas de Vigo para esixir o "rescate" do novo hospital e o cesamento do responsable da área sanitaria, Félix Rubial.
10 anos difundindo o software libre "en mancomún"
O portal celebra esta semana o décimo aniversario da súa creación, acollendo xa un total de 310 proxectos e 160 materiais formativos
Cumpriranse esta vez as previsións do Plan Estratéxico da Xunta?
Este martes e mércores debateuse no Parlamento o Plan Estratéxico da Xunta para o período 2015-2020, con previsións económicas moi optimistas para os vindeiros catro anos, despois de que os obxectivos fixados no Plan 2010-14 se saldasen cun rotundo fracaso.
O PP coruñés alerta da "exaltación nacionalista" da selección galega a dez días de que xogue na cidade
O grupo popular no Concello recomenda "non mesturar política e deporte" e recupera os argumentos en contra dos encontros da Irmandiña expresados por Feijóo. A moción a favor da oficialidade das federacións deportivas galegas saíu adiante cos votos de BNG e Marea Atlántica.
Os sesenta mileuristas aos que Facenda lles encarga facerche a declaración da renda
CSI-F reclama que as 900 persoas do cadro fixo-discontinuo que se incorporan á Axencia Tributaria para a campaña da renda consoliden os seus postos e asuman labores de "xestión, recadación e loita contra a fraude" o resto do ano
Fandicosta "garante" o emprego do persoal tras o incendio que arrasou a súa factoría en Moaña
A empresa pesqueira valora solicitar un ERE temporal para a parte da fábrica destruída polo lume, que tardou máis de catro horas en poder ser controlado.
O SLG pide ao Estado que investigue a compra a perdas do 80% das granxas galegas
Achega documentación para que o Goberno central abra investigación e presente denuncia ante Competencia polas prácticas "abusivas" das industrias en Galicia, onde a maioría dos gandeiros venden entre 5 e 10 céntimos por baixo dos custos de produción.
Unha segunda vida para a Escoliña do Vilar
Hai unhas semanas comezou unha campaña de recollida de achegas para colaborar na recuperación deste inmoble abandonado no lugar de Vilar de Ernes (Negueira de Muñiz), de xeito que poida servir como escola e centro comunitario.