Unanimidade parlamentaria para asegurar unha prestación ás vitimas de violencia de xénero
A proposta do BNG contou co voto favorable de todos os grupos para iniciar a súa tramitación. De aprobarse, permitirá solicitar as axudas en “calquera momento do ano”, mellorando o actual sistema, e incluirá entre as súas beneficiarias ás persoas que foron obxecto de trata
Alcoa busca comprador para as plantas galegas e engade incerteza aos traballadores
A multinacional pon á venda as súas factorías no Estado e vén de contratar a Goldman Sachs para auditar e valorar os centros da Coruña, A Mariña e Avilés. A empresa medita vender a un terceiro algunhas factorías ou aliarse cun socio industrial.
Un proxecto para protexer "o patrimonio tanxible e o intanxible" de Benposta
Esta fin de semana presentouse en Ourense Tod@s somos Benposta, un proxecto impulsado por un colectivo cidadán que busca a recuperación deste espazo para o ben común, evitando a súa privatización.
A selección galega dispara a audiencia da TVG
O partido da selección superou o 22% de audiencia e converteuse no espazo máis visto da xornada en Galicia
iFala: As Irmandades rexuvenecen e bótanse á estrada
O autobús da iniciativa que conmemora o centenario das Irmandades da Fala comeza na Coruña e Betanzos un percorrido que o levará por todo o país ata o mes de xullo. Vídeo no interior
O BNG aproba as súas candidaturas para a "segunda oportunidade" nas xerais
O Consello Nacional do Bloque dá luz verde "por unanimidade" as súas candidaturas para o 26-X, encabezadas por Carlos Callón, Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará.
Xosé Lois Romero e Aliboria: un disco para a revolución da “percusión máis rica de Europa”
O próximo 27 de maio sairá á venda o primeiro disco dunha formación que procura achegar novas fórmulas sonoras á tradición da percusión galega.
Vítimas e BNG cuestionan a negativa europea a facer público o informe sobre o Alvia
A Comisión e a Axencia Ferroviaria xustifican a non difusión do documento alegando que "podería afectar á mutua confianza" entre España e as institucións comunitarias.
Óliver Laxe fai historia co premio da crítica en Cannes para 'Mimosas'
O éxito na Semana da Crítica en Cannes chega escasos meses antes de que se produza a estrea comercial da película.
O BNG "cuadriplica" os avais que precisaba para presentarse ás xerais
Carlos Callón, Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará encabezarán as candidaturas do BNG, que serán aprobadas o sábado polo seu Consello Nacional
Ciudadanos acusa os críticos en Galicia de "críticas destrutivas" e ensínalles "a porta"
O secretario de Organización do partido, Fran Hervías, recoñece que retiraron as claves internas aos coordinadores críticos por "facer mal uso" das redes sociais e que pediu ao ex deputado pola Coruña "que renunciase". "Preferiu que o quitásemos nós e así o fixemos", di.
Anova abre a consulta sobre a fórmula xurídica de En Marea para o 26-X
As bases elixirán entre coalición e partido instrumental durante este xoves e venres. Alexandra Fernández repetirá como cabeza de lista da coalición por Pontevedra, logo de ser ratificada nas primarias da formación nacionalista.