O Concello da Coruña cancela o encontro coa veciñanza deste sábado por orde da xunta electoral
O PP denunciou o acto previsto para este sábado tan só 18 horas antes da súa celebración. O organismo electoral atende á petición de suspesión da formación conservadora pero non á solicitude de sanción para a administración local.
Un ex alcalde inhabilitado por prevaricación acode a un encontro oficial coa Xunta
Rodríguez Ambrosio acompaña a alcaldesa de Rairiz de Veiga nunha reunión co conselleiro Rey Varela. O PSdeG pide "explicacións" e a dimisión da rexedora, que vén de cesar os dous tenentes de alcalde, tamén do PP, expulsados agora do partido.
Almuíña cre "un debate sen fundamento" as críticas ao peche de camas
O conselleiro de Sanidade xustifica nas vacacions do persoal, na diminución de pacientes no verán e na maior actividade ambulatoria o menor número de camas e censura as denuncias dos sindicatos.
O pleno de Ourense rexeita subvencionar o COB para que xogue na ACB
Toda a oposición vota en contra da modificación de crédito para conceder unha achega pública de 1,5 millóns ao club que lle permitise inscribirse na elite do baloncesto. Tan só o goberno local do PP apoiou a proposta que rexeitaron DO, Ourense en Común e PSdeG.
Estudantes da UDC presentan un deseño de casas prefabricadas para refuxiados
O grupo pertence ao grao de Enxeñaría en Deseño Industrial do campus de Ferrol e participa xunto con outros 600 proxectos de todo o planeta nun certame organizado por ACNUR.
Patio de Luces: As novas máis salientables (ou non) de maio
Cada fin de mes Diego Giráldez sae tender as novas máis salientables (ou non) do mes. Velaquí as de maio.
O PP vota na Deputación de Lugo a prol da tarifa eléctrica galega que rexeitou no Parlamento
Os conservadores apoian unha iniciativa en defensa da factoría de Alcoa en San Cibrao que inclúe a reclamación dunha tarifa galega. O pasado outubro consideraron no Parlamento que unirse a esa petición supuña avogar por unha "Galicia illada".
VÍDEO | 'Galería de saldos', primeiro tráiler dun libro galego en realidade virtual
O escritor e xornalista Diego Giráldez lanza o 'booktrailer' do seu primeiro traballo literario, que vén de ser distinguido co premio Manuel Murguía.
Olloboi, a canteira do audiovisual galego
234 traballos de 59 centros de ensino de toda Galicia participaron na sétima edición dun festival que non deixa de crecer. O certame entregou os seus premios esta fin de semana en Boiro
O Encontro Europeo da MMM denuncia dende Vigo o trato da UE ás persoas refuxiadas
Feministas de todo o continente pecharon este domingo tres xornadas de debates coa aprobación dunha Declaración final e a escolla dun novo Secretariado, formado por representantes de Galicia, Portugal, Kurdistán, Turquía e Francia
As anpas reclaman un modelo de comedores único, gratuíto e xestionado pola Xunta
A Federación de Anpas de Compostela celebrou esta fin de semana as I Xornadas sobre comedores escolares, nas que tamén apostaron por alimentos preparados "na proximidade do tempo e do espazo", preferiblemente con cociñas propias en cada centro.
PSdeG, AGE e BNG recollen as demandas do MGSM para unha mellor atención á saúde mental
O Movemento Galego da Saúde Mental celebrou este sábado as súas III Xornadas anuais, nas que reclamou unha maior implicación política para acadar atención sanitaria e social digna e pediu un Plan Galego de Prevención do Suicidio e recuperar o Plan Estratéxico de Saúde Mental