Galicia mobilizarase este domingo contra a guerra e polo dereito de asilo
A rede Coruña Contra a Guerra convoca unha manifestación na cidade herculina con motivo do Día Mundial das persoas refuxiadas. Tamén haberá concentracións ou manifestacións na Guarda, Vigo, Compostela, Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense.
Unha alumna de 2º de ESO de Arzúa, premiada por un vídeo sobre os límites do planeta
Iria Cisneros foi segunda no certame internacional Climántica 2016, organizado polo congreso virtual xuvenil CLMNTK16. Outro estudante arzuán participou no concurso, igualmente con bos resultados, cun traballo sobre a pesca das baleas
En Marea pide a gratuidade dunha AP-9 galega e sen “amiguetes do PP”
A formación volverá reclamar que a titularidade da autoestrada que xestiona Audasa pase de Fomento á Xunta, proposta que tamén defenden PSdeG e BNG
Leiceaga propón reverter a reforma eléctrica de Aznar para evitar que Alcoa marche
O candidato do PSdeG á Xunta, que se reuniu cos traballadores da factoría na Coruña, cre que Rajoy "foi o gran derrotado" do debate entre os catro líderes de forzas estatais.
O BNG esixe que Galicia asuma Salvamento Marítimo: "Con outro Prestige, estariamos peor"
“Non podemos xogar coa vida da xente do mar mentres empresas privadas fan negocio”, denunciou Ana Pontón, que sitúa esta competencia como liña vermella nunha futura negociación cun futuro goberno do Estado.
ENCE propón un "grupo de traballo" con colectivos sociais, que se negan a "lavarlle a cara"
A APDR retruca á carta da pasteira instándo a "sumar esforzos" advertindo de que a "única relación" que van ter coa factoría é "a loita contra a súa presenza en Lourizán".
Manuel María, agochado en Vilalba en 28 códigos QR
Os centros de ensino da localidade distibuíron pola vila cartaces con imaxes que permiten acceder a diversos contidos elaborados co gallo do Día das Letras Galegas
Caballero pide votar a Sánchez para estender o "modelo" de Vigo "a toda España"
O alcalde vigués presume de xestión e recomenda a PP e mareas que visiten a súa cidade "para ver como se fai a política social".
A Mostra de Cine Etnográfico máis ambiciosa amosará 20 "xeitos de vivir e de entender a vida"
Do 13 ao 18 de xuño Compostela acollerá a 11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico, no que se proxectarán unha vintena de filmes de varias nacionalidades en tres salas: Salón Teatro, Teatro Principal e Museo do Pobo Galego, que organiza o evento
O BNG amosa Allariz como mostra "do país que queremos"
O Bloque celebra na vila ourensá un dos seus mitins clásicos de campaña. "Galiza só lle importa aos galegos", reivindica Pontón para subliñar a importancia de que a formación soberanista obteña representación nas Cortes.
En Marea reivindica a "loita" contra as "falcatruadas" de Reganosa: "Ese é o camiño do cambio"
Gómez-Reino e Díaz comezan a campaña ao pé dos tanques de Reganosa e na compaña de membros do Comité Cidadán de Emerxencia. "Como pode dicir Feijóo que aquí se cumpre a legalidade?", preguntan.
O BNG esixe en Ferrol "un tren deste século, non de hai 100 anos e máis lento que unha bicicleta"
Callón e Pontón realizan un percorrido simbólico en tren entre Ferrol e Xuvía para exemplificar que o Bloque é a única forza que garante "solucións concretas" para Galicia se está representado no Congreso.