Feijoo, sobre as mortes por hepatite: "Hai médicos que deberían repensar a súa actitude"
Entrevistado en Onda Cero, o presidente da Xunta cualifica de "insidias" as acusacións de que a decisión de non aprobar tratamentos provocou o falecemento de pacientes. Atribúe as denuncias a "leas que hai nos hospitais entre servizos e nos mesmos servizos"
As solicitudes de voto por correo aumentan máis dun 32% en Galicia
Ata o xoves, sen contar as admitidas o último día, rexistráranse 72.096 peticións, fronte a un total de 54.641 o pasado mes de decembro. O crecemento no conxunto de España é do 85,6%.
Leiceaga acusa a Feijóo e Rajoy da "situación de emerxencia social" de España e Galicia
O candidato socialista culpa ás políticas económicas e de redución de gasto do PP da difícil situación de quen está "sen emprego nin dereito a prestacións"
A xuíza busca facturas dos dous gobernos anteriores no Concello de Santiago
Axentes de Vigilancia Aduanera estiveron este venres recopilando información durante unha hora por mandato da xuíza Pilar de Lara, instrutora do caso Pokemon, que investiga o papel de Ángel Espadas, xefe de gabinete do alcalde popular Gerardo Conde Roa e logo traballador da firma investigada.
O BNG 'gaña' o voto de Clint Eastwood
O Bloque resume en cinco minutos o seu programa electoral nun exitoso video cheo de referencias musicais e cinematográficas nos que o actor estadounidense 'asegura' o seu apoio á formación nacionalista: "Heino facer!".
Europa investigará o Estado español por incumprir a protección a vítimas de violencia de xénero
A Eurocámara admite a trámite a demanda de dúas asociacións galegas -Agamme e a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo- e solicita á Comisión que investigue a España por incumprir directivas europeas en canto á atención das vítimas do maltrato machista e infantil.
O PP nega o desmantelamento do CGAI e di que se manterá a actual actividade
O deputado César Fernandez asegurou no Parlamento que “o número de persoas que na actualidade prestan os seus servizos do Centro Galego de Artes da Imaxe non se vai ver reducido". O BNG denunciou “a precaria situación” do centro
Compostela aproba a 'Renda Municipal de garantía básica cidadá'
A ordenanza Compostela +, impulsada polo Goberno local, contou no pleno cos votos favorables de Compostela Aberta, PSdeG-PSOE e BNG e coa abstención do PP. Inclúe outras cinco axudas complementarias de rescate social
"Morreu Barriga Verde!" Fina Alfonso Silvent, fillo do iniciador da barraca familiar
Nacido en Vigo en 1931, era o fillo máis novo de José Silvent. Traballou como técnico de son nos espectáculos de títeres ata 1964. Conservou moitos materiais que nos últimos permitiron conservar o legado e investigar sobre este fenómeno da cultura popular.
Os inspectores de saúde desconvocan a folga indefinida
Agardan que o conselleiro de Sanidade "cumpra a súa palabra e convoque inmediatamente a mesa de negociación que ofreceu para resolver o conflito".
O BNG reivindica unha tarifa eléctrica galega para "non ser penalizados"
Pontón e Callón levan a cabo un acto simbólico de queima de recibos ante a sede de Gas Natural para reclamar "unha tarifa propia como ten Euskadi ou outros territorios da UE" e advirten que "é máis útil un deputado que defenda unha factura máis barata que votar a quen non vai pedir nada".
Sánchez fai responsable a En Marea de que non se revisase a prórroga a ENCE
O líder do PSOE asegura que revisar a decisión do Goberno de Rajoy en funcións puido ser posible se as mareas non votasen en contra da súa investidura. "Antes de antepoñer os intereses de Galicia, antepuxeron os de Iglesias; son unha sucursal", di en Pontevedra.