En Marea asegura que axudará a "reverter" as privatizacións dos parques de bombeiros
A coalición asegura en varias xuntanzas co sector que promoverá o Estatuto de Bombeiro que reclama o persoal
Leiceaga confía en "remontar" as enquisas e dar a "sorpresa" en Galicia
O candidato socialista á Xunta ve o seu partido en condicións de superar as sondaxes "na parte final da campaña, que é a fase decisiva", e carga contra Iglesias por non vir a Galicia e "mandar dous emisarios".
Pontón acusa a "nova política" de "defender o mesmo centralismo que podería defender Aznar"
Reivindica o Bloque como a opción que vai máis aló do "menú dos catro magníficos". O BNG presenta novo vídeo electoral, no que se "actualizan imaxes icónicas que se reinterpretan para rachar tópicos e amosar un país vivo, moderno, aberto, integrador e diverso". Pode velo no interior.
Descenden as execucións hipotecarias e lanzamentos en Galicia, pero aínda son seis ao día
No primeiro trimestre do ano melloraron todos os indicadores, tamén os de concursos presentados, despedimentos e EREs.
A transgresora cineasta Chantal Akerman protagonizará un dos cursos de verán da USC
O seminario terá lugar os días 28 e 29 de xullo en Compostela, coa intervención de Margarita Ledo, Lois Patiño, José Enrique Monterde, Renata Otero, Marta Selva, María Ruido, Diana Toucedo, Marta Pérez ou Mar Caldas. O prazo de matrícula está aberto ata o 15 de xullo.
Leiceaga pide o "vota da convicción" e salienta que o PSOE é "a opción máis inclusiva"
Creo que o PSOE obterá un mellor resultado nas urnas do que prevén as enquisas. Salientou, ademais, o gran número de indecisos aínda existente, que podería modificar as actuais previsións demoscópicas.
Portamérica chega á súa quinta edición unindo músicas e gastronomías das dúas beiras do Atlántico
Os días 15 e 16 de xullo pasarán polo escenario de Nigrán unha vintena de grupos como Molotov, Bunbury, Pony Bravo ou Furious Monkey House, e polos seus fogóns 18 cociñeiros que suman oito estrelas Michelín.
BNG: “Estamos fartas de tanto macho alfa na política e queremos vivir en igualdade”
O BNG presentou as súas propostas en materia de igualdade e de loita contra o terrorismo machista nun acto celebrado na Coruña no que participaron as cabezas de lista por Ourense e Lugo, Noa Presas e Olalla Rodil, e tamén a portavoz nacional da formación, Ana Pontón,
A suma de Unidos Podemos e PSOE, por diante da PP-C's. En Marea podería subir un escano
Nos últimos tres días publicáronse unha ducia de enquisas de ámbito estatal. Coinciden en prognosticar o sorpasso e en prever un pequeno ascenso do PP que, con todo, sumaría un máximo de 167 deputados con Ciudadanos. A estimación para Unidos Podemos e PSOE oscila entre os 160 e 175 escanos.
As candidaturas municipalistas recuperan o protagonismo na campaña de En Marea
Xulio Ferreiro, o concelleiro de Ahora Madrid Guillermo Zapata e representantes de Compostela Aberta e Ourense en Común a acompañaron os e as candidatas no mitin celebrado en Pontevedra.
Ames, preparando un futuro sen petróleo
Milladoiro acolleu este venres a segundo evento desta iniciativa de difusión, organizada polo Concello e por entidades sociais. O alcalde José Miñones recibiu o informe Límites revisitados, sobre a fin do crecemento económico, publicado polo Parlamento Británico.
O BNG demanda dende O Burgo a rexeneración integral das rías galegas
Carlos Callón lembrou que estes espazos “foron a primeira empresa de Galiza". "Só a Ría da Coruña xeraba 5.000 empregos e hoxe apenas un cento de mariscadoras, que traballan en condicións de precariedade porque non chegan ao salario mínimo”, denunciou