O BNG asume os "malos resultados" e di "empezar hoxe" a campaña das autonómicas
O Bloque perde uns 25.000 votos e queda por baixo do 3% de apoio. "Eramos David contra Goliat", di Ana Pontón que lamenta o "escenario claramente condicionado polo bipartidismo a catro".
O PP gaña nas cidades, seguido por unha En Marea debilitada
Os populares gañan nas sete urbes, subindo en todas elas. En Marea baixa entre tres e catro puntos e o PSdeG-PSOE, que medra lixeiramente en porcentaxe de voto, consegue ser segundo en Lugo e Ourense.
O PSdeG aguanta e volve ser segunda forza en Galicia
Os socialistas manteñen os 6 deputados, soben un punto e superan a En Marea en votos e escanos en Galicia.
AUDIO| A análise da noite electoral
Analistas de Praza e varios medios de comunicación do país analizan a noite electoral. Escóitaos aquí.
Ao vivo: Así avanza o reconto electoral
EN DIRECTO O Ministerio do Interior agarda poder ofrecer datos definitivos contra as dez e media da noite. Segue neste espazo o avance do escrutinio en Galicia e no resto do Estado.
As sondaxes manteñen o PP galego e consolidan En Marea como segunda forza
O inquérito a pé de urna das televisións públicas auguran que Unidos Podemos superará o PSOE e debuxan un panorama no que ambas forzas roldarían a maioría absoluta no Congreso.
A participación cae sete puntos en Galicia a media tarde
A participación aumentara a mediodía un chisco en todas as circunscricións galegas agás en Lugo.
26-X: A recuncar
Domingo de eleccións e verán. Apenas seis meses despois das anteriores xerais, millóns de persoas están chamados ás urnas en Galicia e no Estado. Contra as 22.30 horas agárdanse xa datos definitivos dos comicios, coa incógnita de saber se son ou non moi parecidos aos resultados do 20-D.
O Colexio de Xornalistas ve "un atropelo á liberdade de expresión" a entrada da policía en 'Público'
Para o CPXG é "inadmisible, inxustificado e impropio dun Estado de dereito o xeito de actuar da policía" e demanda ao Goberno central en funcións "unha explicación pública do ocorrido".
Unha tradución directa do sueco ao galego gaña o XV Premio Plácido Castro
Marta Dahlgren, profesora xubilada da Universidade de Vigo, é recoñecida por verter a novela Kallocaína da escritora sueca Karin Boye.
O PSdeG insiste en reivindicar o "cambio estable" fronte a "aventuras"
Leiceaga volve apelar á moderación que suporía o PSOE en contraposición ao PP e a Unidos Podemos. "É máis necesario que nunca un goberno estable e reformista, que teña entre as súas prioridades cambiar as cousas que non funcionan ben”, di.
A UE reclama unha saída rápida do Reino Unido e Londres retruca que "non hai présa"
As autoridades comunitarias tentar minimizar a incerteza tras a vitoria do Brexit no referendo por case o 52% dos votos. A permanencia impúxose en Escocia e mais en Londres, pero non foi dabondo.