Ponteareas deberá aboar 1,3 millóns en facturas impagadas polo goberno anterior
Corresponden a facturas de consumo eléctrico de alumeado público que o executivo do PP ignorou entre 2007 e 2009. Únense a outros 3 millóns de euros de obrigas anteriores ás que o novo equipo municipal tivo que facer fronte no seu primeiro ano de mandato
Deolinda, Roi Casal e Charles Bradley encabezan o Apóstolo 2016
O científico Ángel Carracedo será o pregoeiro das festas santiaguesas, que desta volta comezan o 15 de xullo
Beiras aplaude o manifesto dos alcaldes porque "aposta pola unidade popular"
O líder de Anova cre que a posición de Ferreiro, Noriega e Suárez supón que as mareas municipais serán "protagonistas" na confluencia para as galegas. A secretaria xeral de Podemos-Galicia subliña que a consulta entre a súa militancia é "ineludible".
Gelria e Chus Pato, con toda a liberdade
Ofrecémosvos en exclusiva o vídeo de Unha luz que se afasta e se nos dirixe, tema incluído no álbum Cantos de poeta. Para Pato, trátase do "mellor tema do disco, porque é aquel no que os músicos e a cantante se expresan con maior soltura e liberdade"
'A liña do galego', unha app para axudar a vivir na lingua propia
A Mesa lanza unha aplicación para Android e iOS que permite "enviar queixas e parabéns" sobre o uso do galego en todos os eidos.
O Goberno executa, malia as críticas, o plan previsto de recorte de persoal no CGAI
A Mesa de Persoal certificou a supresión de tres prazas na Filmoteca galega, entre elas a do proxeccionista. Os sindicatos critican que se utilice unha RPT para despedir un traballador con contrato indefinido.
O asasino de Lupe Jiménez pide unha rebaixa de condena alegando que "foi un arrebato"
O home matou a súa esposa hai dous anos, tras obrigala a subir a un coche, asestándolle 16 navalladas. A defensa argumenta que se atopaba nun "estado de perturbación" e que non existiu "alevosía sorpresiva", pois o asasino e a muller discutiran previamente
Mellora un chisco a situación económica das familias, pero empeora a confianza no futuro
No segundo trimestre do ano incrementáronse os fogares que se puideron permitir gastos extraordinarios, pero a percepción da evolución da economía galega é cada vez máis negativa, nunha tendencia iniciada a finais do pasado ano.
O inicio do verán fai descender o paro en 13 mil persoas en Galicia
O número total de persoas inscritas nas oficinas de búsqueda de emprego redúcese ata as 207.320. Hai 8.749 novos afiliados e afiliadas ás Seguridade Social. No conxunto de España o desemprego caeu en 124 mil persoas, ata as 3.767.054.
Carmen Santos pide elixir candidata á Xunta “canto antes” e en primarias
A secretaria xeral de Podemos Galicia amosa a súa preferencia por que sexa unha muller e di que “ten que haber unha validación cidadá de calquera persoa que queira estar neste proceso” de confluencia.
Os irmandiños toman Vimianzo
O Asalto ao Castelo culmina unha semana de celebracións e revoltas festivas que na noite deste sábado contaron coas actuacións de Sés e Celtas Cortos.
O BNG pasa páxina das xerais e aposta por ser “peza clave” para derrotar o PP nas autonómicas
Ana Pontón pide que os comicios sexan “canto antes” e avoga por unha manifestación do Día da Patria “aberta a todos os nacionalistas”.