A memoria "reconquista" San Simón 80 anos despois do golpe
A Iniciativa Galega pola Memoria insta a retomar o proxecto de declarar San Simón como "illa da memoria", con actividades permanentes de lembranza das persoas represaliadas na ditadura
Actriz brasileira, director portugués e realizador galego para xulgar as mellores curtas en Bueu
O FICBUEU celébrase do 10 ao 18 de setembro e na súa sección competitiva participa unha vintena de traballos
Santos reitera a "promesa" de que a militancia de Podemos poida "votar ir en solitario" ás eleccións
A secretaria xeral da formación afirma que a concorrencia en solitario "é unha posibilidade existente" aínda que non sexa a defendida pola dirección. Foro Galego aposta por participar na asemblea das mareas prevista para fin de mes.
Pontón insta a "demostrar" o 25 de xullo que o BNG "será chave na derrota de Feijóo"
A portavoz e candidata do Bloque á Xunta participa en Monforte nun roteiro de homenaxe a Manuel María e asegura que a súa será a "única" opción nacionalista presente nas urnas en outubro. O día 23 o Consello Nacional da formación aprobará definitivamente as súas candidaturas.
O PPdeG acusa a oposición de "reivindicar o amor a Galicia dende o odio"
Os conservadores anuncian a celebración dun acto de partido o 25 de xullo asegurando que o partido se encadra na "loita histórica do galeguismo"
Decenas de persoas mortas nun ataque cun camión en Niza
O Goberno de Francia aumenta a cifra de persoas falecidas a 84, ás que se suman en torno a un cento de feridas, case unha vintena en estado crítico. As autoridades do país aseguran que "todo semella indicar que se trata dun atentado".
Unha concentración ante o CGAI pide responsabilidades políticas polo desmantelamento do servizo
Case 300 persoas participaron na convocatoria lanzada polas asociacións profesionais do audiovisual galego, denunciando a actuación de Anxo Loreno, Jacobo Sutil e de Guillermo Escrigas, director do centro
Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, sons galegos para o Womex 2016
Preséntase en Compostela a nova edición de Womex, que acollerá a cidade entre o 19 e o 23 de outubro
A Garda Civil detén un edil e outras dúas persoas en Cangas por "incitar ao odio" en internet
O Instituto Armado atribúe as detencións á "gravidade dos contidos vertidos" en Facebook e Twitter e enmárcaas na denominada "Operación Tarántula".
Louzán lanza a Quiniela Galega, con partidos de Terceira, 1ª Feminina e Preferente
A Federación Galega de Fútbol, co apoio de investigadores da Universidade de Vigo, agarda recadar entre 2,4 e 10,2 millóns de euros a partir da temporada 2017-18, pero este outono comezará xa en probas. Incluirá partidos da Terceira, 1ª Feminina e Preferente.
10 libros para lembrar a Agustín Fernández Paz
Ofrecémosvos unha pequena peneira das obras do autor, unha mostra de 9+1 historias entre as súas ducias de novelas e relatos, unha boa forma de homenaxealo e de coñecelo
Un ronsel de voces chora a morte do mestre Fernández Paz
O escritor faleceu este martes aos 69 anos de idade. Posiblemente, o autor galego máis lido e traducido, déixanos máis de medio cento de obras dirixidas ao público xuvenil, ademais doutras tres novelas e unha traxectoria de colaboración incansable con múltiples iniciativas sociais. Hai catro anos recibira xa unha grande homenaxe en Vigo, que amosou o inmenso cariño e respecto que xeraba en todos os ámbitos