Un congreso para renovar o relato sobre o golpe do 36, a guerra e a ditadura
Compostela acollerá a partir do vindeiro luns 18 de xullo o encontro 1936. Un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria, organizado por Histagra, grupo de investigación da USC
Aberto o prazo de matrícula da VII edición do Masterterra
O Máster Oficial en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio impartirase no Campus de Lugo da USC no curso 2016-2017
"O obxectivo do réxime franquista era acabar con todas as persoas que pensasen diferente"
ENTREVISTA Xosé Monteagudo percorre máis de cen anos de historia de Galicia en Todo canto fomos, (Galaxia), novela que alterna a historia de distintas personaxes en diversas épocas nunha estrutura moi ben construída.
O guerrilleiro coruñés Manolito Bello será homenaxeado este luns, no 70 aniversario do seu asasinato
O acto, organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, terá lugar no Cemiterio de Oza ás 17 horas. Pediu que na súa tumba se lle colocara unha estrela de cinco puntas feita con caraveis vermellos
'Pelerinaxes': Santo André de Teixido, un camiño de cine
O venres, o filme do director italo-galego Simone Saibene estreouse na vila. Entre a ficción e o documental, a película parte da viaxe que en 1927 realizaron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey entre Ourense e Teixido.
Mareas en Común impulsará unha asemblea constituínte da candidatura de confluencia
A Estrada acolleu este sábado un novo encontro, no que se valorou positivamente o manifesto lanzado polos alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol e aprobou a creación dun grupo negociador que abra o diálogo con todas as partes interesadas en levar adiante a candidatura
O Goberno en funcións concédelle a Reganosa autorización para operar
A decisión, publicada este sábado no BOE, chega despois de dúas sentenzas contrarias do Tribunal Supremo e de que o Consello de Ministros acordase eximir a instalación de contar coa necesaria avaliación de impacto ambiental
As Letras 2017, para Carlos Casares
O autor ourensán foi elixido esta mañá polo Plenario da RAG, por diante dos outros tres finalistas, por diante de Ricardo Carvalho Calero, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales. A homenaxe coincidirá co 50 aniversario da publicación de Vento Ferido, a súa primeira obra
O sector do audiovisual concentrarase o mércores contra o desmantelamento do CGAI
Actores, actrices, guionistas e directores/as, así coma o Observatorio Audiovisual de Galicia, AGAPI e a Academia Galega do Audiovisual levarán a cabo unha mobilización ás portas da Filmoteca galega
O Foro Galego debaterá o vindeiro sábado o impulso da candidatura de confluencia
Celebrará a súa segunda xuntanza o día 16 en Compostela. Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, valora positivamente o manifesto lanzado polos rexedores da Coruña, Compostela e Ferrol. Destacados militantes do BNG piden no Chamamento de Vidán "superar diferenzas menores"
As Letras 2017, entre Casares, Carvalho Calero, Plácido Castro e Fernández Morales
A Real Academia Galega vén de adiantar que estes serán os catro finalistas. O autor escollido será anunciado este sábado ao mediodía, trala celebración do pleno da institución.
Tan só 680 mil persoas ingresan máis de mil euros ao mes en Galicia
A estatística da Axencia Tributaria sobre a declaración da renda correspondente ao pasado ano amosa que case a metade dos e das contribuíntes (o 46,51%) ingresou menos de 12 mil euros por rendementos do traballo. Dende o 2008 aumentou en dous puntos a proporción de menos-que-mileuristas