A Academia elimina do dicionario 'mongolismo' e limita mongólico á raza asiática
A petición de Down Galicia foi atendida pola RAG en beneficio “dunha lingua máis digna, máis integradora e máis respectuosa”. A Real Academia Española aínda relaciona ambas palabras coa síndrome.
As festas de San Pedro chegan este sábado ao seu día grande
40 actividades en sete espazos distintos serán a cor e o son deste barrio compostelán. Por aquí pasarán nesta xornada milleiros de persoas, do lugar e de fóra, para gozar dunha celebración popular que gaña peso cada ano
O proxecto galego 'ICT-Go-Girls!', un exemplo de feminización das carreiras tecnolóxicas
A iniciativa, dirixida polo CESGA, e na que colabora a USC e universidades de Alemaña, Austria, Polonia e Bélxica, foi destacado a pasada semana polo comisario europeo de Educación, Tibor Navracsics, como un modelo a seguir en toda a UE
O director do Diario de Ferrol pide "desculpas" polo texto homófobo
Faino a través dun artigo publicado este xoves no xornal. O Colexio de Xornalistas súmase ás críticas, cualificando de "deplorable" o escrito de José Luis Patiño
O Sergas celebra o aniversario do novo hospital de Vigo, unha “catástrofe” para Caballero
O conselleiro de Sanidade asegura que a área viguesa ten agora mellor atención sanitaria que hai un ano, pero admite que o Álvaro Cunqueiro non estará a pleno funcionamento ata dentro doutro ano.
A redacción do Diario de Ferrol posiciónase contra o artigo homófobo publicado no xornal
Os e as xornalistas difunden un comunicado no que "lamentan" que o texto vise a luz, piden desculpas e tamén llas esixen ao seu autor, J.L. Patiño. Patiño escribiu que "estoy hasta el culo de la celebración del día del orgullo gay" e pediu un "día heterosexual"
Campos lamenta a marcha do BNG e subliña que "en Foz aprobou o orzamento co PP"
O Bloque formaliza a súa saída do goberno da Deputación de Lugo tras o pacto orzamentario de populares e socialistas e mais o alcalde de Becerreá. "Non participamos dun pacto nauseabundo", din.
Arriba, corazóns galegos! Hoxe plebiscítase o futuro!
80 ANOS As principais localidades galegas acollen con entusiasmo este 28 de xuño entre verbenas e mitins. O Comité Central da Autonomía chama a participar nesta "manifestación democrática da cidadanía" e varios alcaldes piden o voto a prol do Estatuto para lograr "leis propias" de Galicia.
Rajoy, triunfador nas portadas do día despois
Os diferentes medios de comunicación coinciden en sinalar a Mariano Rajoy como o gran vencedor do 26X co devalo das expectativas de Unidos Podemos e o mantemento do PSOE como segundo principal argumento.
Os populares incrementan o seu dominio no Senado, onde En Marea perde un escano
O PP obtén 12 dos 16 senadores galegos, mentres que o PSdeG-PSOE recupera o escano pola Coruña. Os populares levan 130 dos 208 postos na Cámara alta.
En Marea abócase ao exame de conciencia
A coalición de Podemos, Anova e EU perde un escano e case 70.000 votos e vese superada polo PSdeG, pero proponse "repensar o espazo" para "sumar" e disputar a Xunta
O PP gaña en 300 dos 314 concellos
O PSdeG-PSOE domina en 12 localidades e En Marea en só dúas (Cangas e O Grove). O 20D os populares obtivera 282 vitorias, por 17 dos socialistas, 14 de En Marea e 1 de Nós. Mapa no interior