Un San Xoán sen lixo é posible: depende de ti
Nesta noite de cacharelas, de lume, fume e sardiñas, ADEGA ofrece seis recomendacións para que a festa non prexudique o medio ambiente nin deixe un ronsel de residuos. Na Coruña, o ano pasado recolléronse 210 toneladas das praias de Riazor, Orzán, Matadoiro, San Amaro, As Lapas e Oza
Leiceaga asume que repetir escanos "sería un bo resultado" para o PSdeG
O candidato socialista á Xunta cre que "hai que ser realistas" e aspira a "manter a representación" do PSOE en Galicia. Acusa a Feijóo e Rajoy de estar "fóra da realidade" tras a súa reacción ao caso de Fernández Díaz.
Persoal da TVG denuncia a "brutal manipulación e censura" na información sobre Fernández Díaz
Traballadores da canle pública manifestáronse este xoves na CRTVG polo tratamento informativo ao escándalo que envolve ao ministro de Interior, tras non emitirse as gravacións, omitir a versión da oposición e presentar o PP como "vítima".
Un alumnado máis solidario e sen racismo, grazas á radio
Unha decena de centros educativos galegos participaron no último curso da iniciativa Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento, que inclúe un obradoiro radiofónico
Leiceaga apela "aos demócratas" para que apoien o PSOE
O candidato socialista á Xunta contrapón o seu partido a un PP “asediado por casos de corrupción e gangrenado por dentro" e a Unidos Podemos, que “parece non crer na separación de poderes e disposto a que os xuíces e fiscais estean ás ordes do Executivo”.
En Marea chama á construción dun "pacto feminista en Galicia"
A coalición reclama un "pacto contra as violencias machistas" que inclúa medidas como a garantía de "solución habitacional" para quen sofran agresións de xénero
O BNG reivindica o seu labor no Congreso nos últimos vinte anos
O Bloque reune en Vigo varios dos deputados nacionalistas con escano na Cámara Baixa desde 1996. Francisco Rodríguez, Guillerme Vázquez, Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila lembran como o traballo da súa formación en Madrid "situou Galiza no escenario estatal".
As aglomeracións e atrancos fan ampliar o prazo para votar por correo
A Xunta Electoral amplía ata este xoves 23 o prazo para depositar o sufraxio nas oficinas postais de todo o Estado. En Galicia, onde as solicitudes aumentaron un 32%, a CGT denunciaron a "imprevisión" e "falta de medios" da empresa e mesmo a "vulneración dos dereitos dos votantes".
Fernández Díaz asegurou que Rajoy coñecía as súas manobras para incriminar independentistas
"O presidente do Goberno sábeo. Eu díxenllo a el, é un home discreto onde os haxa", asegurou o ministro do Interior en funcións ao xefe da Oficina Antifrau de Catalunya durante a xuntanza na que ambos manobraron contra as forzas soberanistas.
Leiceaga ve o PP "fóra da carreira" para formar goberno
O candidato do PSdeG á Xunta só ve "dúas opcións": "a moderada e estable" do PSOE ou a "aventura" de Unidos Podemos e Pablo Iglesias.
Bucinas e ruído contra a "estafa" da AP-9: o BNG insiste na súa transferencia
Callón reclama que Galicia xestione a autoestrada "para deixar de pagar as peaxes máis caras do Estado" e "camiñar cara a unha progresiva gratuidade"
XuvenCiencia: O campo de xogos dos e das científicas de mañá
Na semana do 27 do xuño ao 1 de xullo celebrarase a cuarta edición deste Campus no que participarán 133 estudantes de secundaria e que inclúe máis de 50 obradoiros, visitas e demostracións