A Xunta supera por pouco a súa lei de espera sanitaria nos últimos datos antes das autonómicas
Os cartos inxectados polo Sergas nos últimos meses permitíronlle reducir a 61,6 días a espera media por cirurxías no primeiro semestre do ano fronte aos 76,2 días do mesmo periodo de 2015. Povisa e a área de Santiago rexistran os peores datos.
A Mesa pide a dimisión dos responsables do IDAE pola "chantaxe lingüística"
Lanza unha campaña de recollida de apoios para esixir o cese dos dirixentes do Instituto de Desenvolvemento do Aforro de Enerxía, que lles negou unha axuda pública aos concellos de Santiago, Teo e Santa Comba por utilizaren o galego
A Audiencia Provincial de Madrid absolve o menor condenado pola morte de Jimmy
Os xuíces din que a testemuña protexida na que se baseou o xuízo non era tal senón un imputado que non estaba obrigado a dicir a verdade, que podería ter intereses persoais na versión que ofreceu e que non hai outros datos obxectivos que a corroboren.
O fracking chega a Galicia (en barco)
Este venres está prevista a entrada na Ría de Ferrol dun buque que transporta gas obtido nos Estados Unidos a través de fractura hidráulica. É o segundo metaneiro deste tipo que chegará a Europa. 40 entidades denuncian a operación, que ligan ao proceso do TTIP
Unha xuíza di que chamar “mala zorra” a Carmela Silva foi “liberdade de expresión”
A maxistrada arquiva a denuncia contra o ex-concelleiro do PP responsable de Igualdade en Moraña que dimitiu tras insultar á presidenta da Deputación de Pontevedra, que xa anunciou que recorrerá.
O BNG aposta por Rodil, Presas e Bará para acompañar a Pontón á fronte das candidaturas
A Executiva Nacional do Bloque remite ás comarcas a proposta de candidaturas para as eleccións galegas, nas que propón que recunquen en Lugo, Ourense e Pontevedra os cabezas de lista das xerais.
Puntogal lanza un 'Documento Galego de Identidade na rede' para o 25 de xullo
Os e as usuarias da web da asociación poderán personalizalo, descargalo e compartilo nas redes sociais. Ademais, como parte da campaña, os dominios .gal ofreceranse a menos de 20 euros (máis IVE)
Como impulsar o galego nas empresas, en 17 accións
O curso de verán #traballandoenlingua no ámbito socioeconómico, celebrado en Carballo hai uns días, vén de publicar as súas conclusións, que se resumen en 17 recomendacións para incrementar o uso da lingua.
A resposta da UE á crise do lácteo: un novo "parche" económico e ningunha medida estrutural
AGEe e SLG acusan a Comisión Europea de “incidir nas medidas que xa fracasaron”, cun pagamento de 500 millóns que -din- non evitará o agravamento da situación, o peche de explotacións, o aumento da produción e o descenso de prezos.
Abegondo, Valga, Triacastela... O negocio taurino busca físgoas para evitar a súa desaparición
A capea celebrada hai uns días en Valga e a posibilidade de que Abegondo acolla unha corrida este verán poden ser as derradeiras rabexadas dunha práctica que só mantén a súa solidez en Pontevedra.
A Xunta incumpriu a súa obriga de informar do incremento dos niveis de ozono
Tanto este domingo coma este luns as medicións deste gas contaminante superaron no centro e sur de Galicia as cantidades a partir das que a administración debe avisar á poboación
1º e 2º da ESO contarán cunha materia de 'Igualdade de Xénero' o vindeiro curso
Será de carácter voluntario para os centros e optativo para o alumnado e ocupará unha hora á semana