O Concello da Coruña municipaliza as bibliotecas en mans de Eulen
A administración local asumirá a xestión de cinco bibliotecas da cidade xestionadas pola empresa privada. O goberno da Marea Atlántica asegura que aforrará medio millón de euros.
Feijóo esquiva unha protesta por un novo peche dunha escola unitaria
Educación anuncia a fin dun centro na parroquia de Queixas, en Cerceda, concello que visitou este mércores o presidente da Xunta. Pais e nais que protestaban contra a medida denuncian que non foron escoitadas as súas reivindicacións.
'Para estudar, Lugo' (e co 50% de desconto)
Deputación e USC ofrecen descontos do 50% no custo da matrícula de dez titulacións do Campus de Lugo a través dunha campaña que foi presentada este mércores
Retirado o cartel promocional dun festival de música por sexista
Diversas asociacións denunciaran ante a Secretaría Xeral de Igualdade a promoción do evente por "resaltar os tópicos e estereotipos sociais sexistas". O organismo autonómico anunciou que a organización accedeu a prescindir desa imaxe.
Aluvión de solidariedade con Laura Bugalho ante o seu xuízo deste martes
A activista e sindicalista, que será xulgada este martes en Compostela, foi acusada en 2009 de falsidade documental no seu labor de axuda a persoas migrantes. No entanto, por tras do caso está o seu traballo para sacar á luz unha presunta rede de extorsión.
CSIF pediu explicacións hai un mes pola privatización de Turismo e a Xunta cala
A central sindical revela que a mediados de maio solicitou unha xuntanza coa directora de Turismo para aclarar como incide no persoal público a privatización de funcións no departamento.
Mareas en Común apela os partidos a confluír nas galegas: "podemos superar o PP"
O proceso de confluencia consensúa a fórmula de primarias, o código ético, a forma de goberno e a organización interna e iniciará axiña o contacto coas formacións políticas. "A clave é a resposta dos partidos; se non están interesados na confluencia, a confluencia non existe", din.
Burela e A Mariña, capitais do fútbol sala feminino
O equipo laranxa gaña a súa segunda Liga logo de 18 vitorias consecutivas e celebra un novo título coincidindo coas festas patronais da vila, única localidade con conxuntos masculino e feminino na máxima categoría.
A ría de Pontevedra volve clamar contra a prórroga a ENCE
Unha nova manifestación volve reclamar a marcha da pasteira do seu actual emprazamento con duras críticas á prórroga de 60 anos concedida polo Goberno de Mariano Rajoy en funcións.
Os Xerais reivindican o idioma propio e a "renovación constante" da literatura galega
Manuel Esteban, Iria Misa e David Pérez Iglesias foron os galardoados na gala deste sábado polas súas obras 'A ira dos mansos', 'Xa non estou aquí' e 'Todo o tempo do mundo'.
Leiceaga pide unidade no PSdeG, ao que reivindica como "a alternativa de cambio seria"
O candidato socialista á Xunta apela ao "tempo dun novo comezo" no partido e dá "a benvida, cos brazos abertos e o corazón limpo" a todos os sectores da formación no seu proxecto. “Feijóo tiña sona de bo xestor e revelouse unicamente como un contable", di sobre o presidente da Xunta.
O BNG propón un sistema de financiamento de cupo como o de Euskadi ou Navarra
Denuncia que o Goberno central recada 3.000 millóns de euros anuais máis dos que despois inviste en Galicia e pide "invertir os termos da relación co Estado: recadar e xestionar os nosos ingresos e impostos e despois facer contas co Goberno central”.