Leiceaga: "Estamos todos xuntos nun obxectivo, que é derrotar o PP nas eleccións do outono"
O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, destaca que se consegui facer do proceso socialista de primarias "un exemplo para a política en Galicia". Pide "renovar a oferta" da formación para "conectar" coa sociedade.
O Comité Cidadán cualifica Reganosa de "timo á cidadanía"
A plataforma rexeita as xustificacións nas que o Goberno en funcións basea a decisión de permitir á plata de gas eludir a avaliación de impacto ambiental e lembra que "nos custa preto de 60 millóns de euros ao ano". Celebrará un acto público de reivindicación o vindeiro xoves
Amnistía Internacional naceu falando portugués
O 28 de maio de 1961 o avogado inglés Peter Benenson publicou un artigo, titulado "Os presos esquecidos", que daría orixe meses despois á organización. O texto estaba motivado pola detención de dous estudantes portugueses en Lisboa, acusados de berrar "Viva a Liberdade".
Leiceaga gaña as primarias e será o candidato do PSdeG
O economista, cun 55,67% dos votos, impúxose en Pontevedra, Ferrol e Vilagarcía e na maior parte das comarcas rurais. Mentres, Méndez Romeu (44,33%) obtivo máis apoios en Vigo, A Coruña e Ourense. A participación chegou ao 65%, cun total de 6.500 sufraxios
12 citas para os 12 puntos da Irmandade compostelá
O 28 de maio de 1916 conformouse a Irmandade da Fala en Santiago, dez días despois de facelo a coruñesa. A cidade acolle este sábado unha ducia de actividades (lembrando os doce puntos do discurso inaugural do colectivo), que se pecharán cun acto central no Panteón de Galegos Ilustres
A Coruña poderá iniciar a súa renda social municipal a partir do 6 de xuño
O Concello estaba á espera de que a Xunta publicase no DOG o decreto -aprobado en febreiro- que lles permite ás administracións locais ofrecer subsidios equiparables á RISGA. A ordenanza que regula este instrumento será debatido no vindeiro pleno.
O apoio ou non nas mareas polariza até o final as primarias do PSdeG
No seu último debate de campaña, os aspirantes rebaixan a tensión pero deixan clara a súa diverxencia ante un posible acordo co espazo de En Marea tras as autonómicas. Romeu renega dun goberno de coalición e Leiceaga di "non ser reticente" a conformalo, aínda que ambos negan o 'sorpasso'.
A UE desoe a unánime demanda do sector lácteo de controlar a produción
O Parlamento europeo celebrou unha audiencia para analizar a actual crise. Porén, só se determinou que esta limitación na oferta sexa voluntaria e opcional en cada país, unha medida insuficiente para o SLG. En sesión plenaria Lidia Senra defendeu tamén esta medida ante o Comisario de Agricultura
Homenaxe colectiva e en vídeo para Manuel María
A área de Cultura da Deputación da Coruña vén de publicar os dous videopoemas elaborados dentro do programa Manuel María somos nós
A falla de asistencia no Sergas provoca o traslado masivo dos abortos terapéuticos a Madrid
Ningunha muller optou polo hospital da Coruña tras os testemuños de varias mulleres sobre as eivas na atención. Todas optan pola viaxe a Madrid, cuxas axudas veñen de ser recortadas pola Xunta. Os casos de desatención na sanidade pública serán enviados á Fiscalía a vindeira semana.
'Bye, Bye, Honey': Teatro "coas vibracións dun concerto de rock"
O musical poderá verse este venres e sábado no Teatro Principal de Compostela. A obra, escrita e dirixida por José Prieto, conta coas interpretacións de César Goldi, Iolanda Muíños, Fran Facal e Ramón Orencio.
Alcoa mantén o mutismo pero asume que venderá ou buscará investidores
A multinacional, decidida a desfacerse das súas plantas en Galicia logo de compralas hai 18 anos e despois de anos de beneficios. A firma mantén a incerteza ante os traballadores, que non teñen información oficial ningunha sobre o futuro.