"É un orgullo xogar coa selección galega"
Unhas 5.000 persoas desprazaranse nos autobuses dispostos pola Federación Galega para o partido deste venres en Riazor entre Venezuela e Galicia. A Irmandiña chama o céltico Pape Cheikh e Alende tras as ausencias confirmadas de Trashorras, Lago, Barragán, Mina e Álex López.
Suspenso á Xunta polo seu plan de xestión da Rede Natura
Galicia sitúase no derradeiro lugar dunha clasificación realizada por WWF, que sinala que o plan director, aprobado en 2014, "falla á hora de identificar as amenazas" e que os seus "obxectivos de conservación son moi xenéricos"
O Bierzo mobilízase para reclamar as Letras de 2017 para Fernández Morales
A figura do escritor incorpórase á quiniela para o vindeiro ano tras a petición enviada á RAG por varias figuras bercianas do mundo da cultura como Amancio Prada, Héctor Silveiro, Juan Carlos Mestre: "Sería un paso máis na defensa do galego no Bierzo, que está en situación dramática"
Cans nº 13: Meigas fóra!
O festival, que chega á súa 13ª edición, reunirá entre este mércores e o sábado a 160 músicos e 90 obras audiovisuais, con 18 curtametraxes e 18 videoclips a concurso. Ademais de cinema, a danza, a gastronomía, a literatura ou o humor gráfico serán protagonistas
Axenda do 17 de maio: A festa das letras
Ademais do acto institucional que a RAG celebrará en Outeiro de Rei en homenaxe a Manuel María e da manifestación convocada por Queremos Galego en Compostela, levaranse a cabo ducias de actos culturais por todo o país.
Letras plurais, letras galegas
Celebramos o 17 de maio con persoas de orixes diversas, de intereses múltiples, de varias xeracións e de fala compartida. Plurais, como as nosas letras.
Inéditos e reedicións na rede para afondar en Manuel María
A RAG difunde a gravación de As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, unha pequena obra teatral escrita polo autor en 1975. AGAL ofrece o poemario A luz ressuscitada, de 1984
Dodro cobra 80 euros por facer denuncias urbanísticas, gratuítas no resto do país
Unidade Veciñal de Dodro critica o procedemento, no que ve "unha maneira de disuadir a xente de que faga denuncias, para non ter lío”. Aleta, ademais, de que varias reclamacións aínda non tiveron resposta.
Pontón confrontará con Feijóo no Parlamento ata a fin da lexislatura
A líder e candidata do Bloque ve na oferta de 'Mesa polo Cambio' lanzada por En Marea unha "cortina de fume" para "tapar a crise interna".
A I Gala do Libro Galego reivindica o carácter “estratéxico” do sector
Manuel Rivas, María Lado, María Solar e Fran Alonso resultaron gañadores dos premios da I Gala do Libro Galego, que reivindicou un tratamento para o libro coherente co establecido na Lei do Libro aprobada no 2006.
Pedro Sánchez inclúe a Pilar Cancela no seu "goberno do cambio"
A líder da xestora do PSdeG será a responsable de Agricultura no 'comité de sabios' conformado polo PSOE de cara ás eleccións xerais.
En Marea chama a PSdeG e BNG a conformar unha Mesa polo Cambio Político
A coalición insta a Bloque e socialistas a formar unha fronte común para "botar o PP das institucións en Galicia e en España" durante a súa primeira asemblea xeral, na que o nacionalismo amosou a súa forza e reivindicou o grupo propio.