E no 2017 a quen escollemos?
Este é o ano de Manuel María (e das Irmandades da Fala), pero en menos de dous meses a RAG escollerá o seu homenaxeado ou homenaxeada para 2017. Nas quinielas hai nomes coñecidos (Ricardo Carvalho Calero, Xela Arias, Carlos Casares, Fiz Vergara Vilariño) e outros algo menos. Quen é o teu ou a túa candidata?
'El Partido': Unha historia de corrupción triunfa no Carballo Interplay
O festival de webseries de Carballo finaliza coa súa gala de entrega de premios, na que foi outorgado o primeiro premio de honra do certame en lembranza do falecido Pedro Reyes.
O PSdeG descobre as súas cartas cara ás primarias
Méndez Romeu amosa a fortaleza dos seus apoios -Vigo, o 'pachismo' ou Orozco- ante as peticións de "frescura" por parte de Lara Méndez ou González Formoso, que aínda non aclarou se se presentará ou non. A xestora nega que apoie a Leiceaga e reclama a súa "neutralidade".
Rajoy defende o traballo das deputacións ante Baltar e eloxia que traia a Vuelta a España
O presidente do Goberno en funcións estivo en Ourense, pero non para asistir ao Congreso do PP galego, que se inaugura este sábado pola tarde, senón para participar nun acto de Nuevas Generaciones.
O PP aproba retirar os honores a Franco en Ourense mais lembra "Paracuellos"
O pleno municipal aprobou por unanimidade deixar o ditador sen a medalla de ouro da cidade, que lle fora concedida en 1946. Ao lembrar Ledicia Piñeiro (OUeC) o vínculo de Manuel Fraga co réxime franquista, o alcalde Jesús Vázquez falou de Carrillo e de Venezuela
A xustiza investiga unha presunta trama de subornos na área de Urbanismo da Coruña
A queixa dun veciño que advertiu de pagos a un funcionario por facilitarlle unha licenza destapa un caso que o Concello puxo en coñecemento da Fiscalía, que xa denunciou o traballador. As posibles prácticas corruptas poderían levarse realizando durante anos.
Festival S8: Do acoirazado Potemkin ás paisaxes de Monet
A Mostra de Cinema Periférico celebra do 1 ao 5 de xuño a súa sétima edición, centrada nos Novos Impresionistas. Pola Coruña pasarán Stephen Broomer ou Jacques Perconte. A cita abrirase o 30 de maio coa proxección da obra mestra de Eisenstein sonorizada en directo
A estrea de 'Muerte al youtuber' abre este xoves o Festival Interplay de Carballo
A vila convértese ata o sábado na capital estatal das webseries e das novas narrativas audiovisuais para a rede, con ducias de proxeccións, conferencias, conversas e concertos de acceso libre e gratuíto ata completar aforo.
Folga de fame por un aluguer social en Vigo: Xunta e Concello cúlpanse mutuamente
Tres familias ameazadas por un desaloxo inmediato piden axuda ás administracións local e autonómica. A conselleira Ethel Vázquez pide a Caballero que ceda vivendas baleiras e non faga "negocio" e o alcalde di que a responsabilidade é do Goberno galego.
O BNG pídelle á Comisión Europea a difusión do informe sobre o accidente do Alvia
Ana Miranda salienta que o documento "pode mudar o curso da investigación xudicial e o curso das responsabilidades políticas”
Día da Liberdade de Prensa: "Non é un dereito noso, senón de toda a cidadanía"
O Colexio de Xornalistas vén de facer público o seu manifesto con motivo do Día da Liberdade de Prensa, que se celebra este 3 de maio. Xosé Hermida asina o texto
Os ERE en Galicia sitúanse á cabeza do Estado no comezo de 2016
En xaneiro e febreiro as regulacións de emprego afectaron a 949 persoas na nosa comunidade, preto dos datos de Madrid (1.379) ou Cataluña (980), con moita máis poboación.