Carballo procura letras e imaxes para o galego
O Concello, a través do Servizo de Normalización, vén de lanzar dúas propostas asentadas arredor da lingua: a 12ª edición do 'Premio a artigos xornalísticos normalizadores' e a terceira do 'Premio a proxecto de webserie en galego', ao abeiro do Festival de Contidos Dixitais CarballoInterplay.
PP e PSOE apoian en Castilla y León a investigación de Angrois que evitan no Congreso e no Parlamento
Populares e socialistas, xunto co resto de partidos con representación nas Cortes rexionais, presentarán unha iniciativa conxunta para pedir unha comisión que investigue na Cámara Baixa o accidente do Alvia. Os dous grandes partidos vetaron antes a mesma petición en Galicia e en Madrid.
A loita por rescatar a concesión do Álvaro Cunqueiro chega tamén ao Congreso
En Marea pide que se anule o contrato coa concesionaria do novo hospital de Vigo e recuperar o seu carácter público sen indemnización para a adxudicataria por incumprimento do contrato. Únese ás reivindicacións que xa foron levadas ao Parlamento galego e á Comisión Europea.
O lácteo volve á rúa farto de incumprimentos e da "pasividade da Xunta"
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo mobilízase ante "as ameazas de non recoller leite, os prezos ruinosos, a pasividade da Xunta e o non traslado da suba de prezos ao consumidor aos produtores". Chama a cidadanía a apoiar a concentración ante San Caetano o vindeiro 31 de marzo.
“O teatro, ao igual que o xornalismo, precisa de crítica e tamén de autocrítica”
Montse Dopico será a encargada de ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro durante a cerimonia dos XX Premios María Casares, que se celebrará o vindeiro mércores 30 de marzo na Coruña
O PP queda só no seu apoio á 'distinción' de Red Madre en Vigo
PSOE e Marea votaron en contra da proposta popular de nomear "Viguesa distinguida" á entidade. A Asociación Down Vigo, Menchu Lamas, a Xunta de Persoal da área sanitaria ou Cáritas Diocesana si acadaron este recoñecemento.
CIG-Saúde denuncia o gasto de 169 mil euros en 'espazos de innovación' de "nula utilidade"
O sindicato critica o "mal uso" dos fondos europeos en sete salas que xa son cualificadas polo persoal sanitario como “salas de festas de cumpreanos”
Dez tópicos e prexuízos sobre a Síndrome de Down que deberías desbotar
A Federación Down Galicia conmemora en Lugo o Día Mundial da Síndrome de Down lembrando que normativas como a LOMCE seguen a "restrinxir os dereitos" das persoas con esta alteración xenética.
Periferia
Praza Pública
VÍDEO | Unha muller denuncia que o Sergas lle nega o tratamento por querelo nun centro público
A Asociación de Pacientes do CHUS revela o testemuño dunha doente á que lle é atrasada unha intervención de xeonllo por negarse a que se lle practique nun hospital privado concertado.
A RAG leva o decreto plurilingüe ao Tribunal de Estrasburgo por "vulnerar dereitos fundamentais"
As familias que se dirixiron á RAG coidan que o decreto dificulta que a infancia "poida levar unha vida en galego como persoas adultas" e "conduce" os nenos e nenas "a deixaren a súa lingua para non quedar marcados"
Máis de 20 mil galegos e galegas empadróanse cada ano no estranxeiro
O número de galegos e galegas rexistradas no Padrón de españois residentes no estranxeiro pasou de 384 mil en 2009 a 504 mil o 1 de xaneiro de 2016.