"Cómpre que os medios reflictan unha imaxe máis ampla e realista do papel das mulleres na sociedade"
O Colexio de Xornalistas pídelles "reflexión" ás cabeceiras e demanda que as novas sobre violencia de xénero se afronten "sen eufemismos, evitando o sensacionalismo, a culpabilización das vítimas e a xustificación das agresións"
25 de novembro: Loito social contra o machismo
Este 25 de novembro unha manchea de actos lembrarán as mulleres asasinadas, esixirán solucións políticas e condenarán o machismo, que segue a matar. E fronte á morte, a sociedade tínguese de loito.
Vídeos contra a violencia machista
Deputación da Coruña e Concello de Santiago presentan senllas pezas audiovisual co gallo do 25N. A primeiro é resultado dun concurso e a segunda amosa o seguimento da campaña Compostela en Negro, á que se sumaron 278 establecementos da cidade. Consulta a axenda de actos da xornada.
O socialista Costa, designado para formar goberno de esquerda en Portugal
Cavaco Silva nómeao primeiro ministro tras comprobar o rexeitamento dos axentes sociais a manter un goberno en funcións que "não correspondia ao interesse nacional”. O novo Executivo estará composto integramente por socialistas e apoiado polas forzas de esquerda na Cámara
Sogama busca evitar que as demandas contra a suba do canon cheguen ao Constitucional
Os avogados do Concello de Piñor demandan que o tribunal estude o caso polo seu "interese público". A pasada semana o PSdeG-PSOE sinalou o “medo” da Xunta e que o tribunal anule o incremento
PP e Xunta limitan as demandas dunha xusta atención educativa que lidera Hadrián
As Anpas insisten nunha normativa que estableza dereitos e que fixe unha atención axeitada atendendo a criterios médicos e tamén educativos e tendo en conta os expertos, mentres os populares céntranse en cada caso individual e advirten que a Xunta xa está a elaborar un novo protocolo.
Ferreiro e Colau impulsan un manifesto contra a guerra como resposta ao terrorismo
O alcalde da Coruña, xunto á rexedora de Barcelona, o de Cádiz e o de Zaragoza asinan con persoeiros da cultura o chamamento 'No en nuestro nombre', no que se opoñen a "calquera resposta ao odio que implique máis odio" e convocan a concentrarse o vindeiro sábado 28.
Urbaser fracasa no seu intento de manter a taxa de saneamento en Ferrol
O Concello desestimou o recurso de reposición interposto pola empresa contra o acordo plenario adoptado o 18 de setembro, que anulou o cobro por un servizo que nunca se realizara
'Nós' chama a "ir a Madrid para defender o que o goberno galego non defende"
NÓS-Candidatura Galega celebrou este domingo un Encontro Nacional Aberto que serviu para presentar os seus candidatos e candidatas
EnMarea chama a trasladar ás institucións "o que levamos anos reivindicando nas rúas"
A lista apoiada por Podemos, Anova, EU e as candidaturas cidadás municipais presentouse este domingo en Compostela, definíndose como "a única candidatura" que pode derrotar a Núñez Feijoo e a Rajoy.
AGEe pide un debate da esquerda europea ao redor da "ditadura do euro"
Expertos en economía e representantes de organizacións políticas, coma Die Linke, o Sinn Féin ou a propia AGE analizan en Compostela as políticas de austeridade como "unha estratexia orientada á limitación dos dereitos sociais"
Besteiro destaca as xerais como "un paso máis para a destitución de Feijóo"
O PSdeG-PSOE presentou os seus candidatos e candidatas nun acto celebrado este sábado en Compostela. O secretario xeral dos socialistas galegos sinala a Pedro Sánchez como "única opción"