Mariñeiros do cerco pasan a Noiteboa no campamento de protesta ante a Xunta
Un total de 18 persoas mantéñense acampados durante esa noite e o día de Nadal, comerán marisco cedido por algunhas empresas e elaborarán un vídeo de agradecemento a todas as persoas e entidades que os apoian na súa loita.
A selección galega de fútbol volverá en 2016
Rafael Louzán, presidente da Federación Galega, adianta que o equipo regresará no vindeiro ano, presumiblemente antes da Eurocopa de Francia, e anuncia que xa está a traballar nun posible rival, que podería ser Portugal ou un país latinoamericano.
As ONGD rexeitan o Plan de Cooperación presentado pola Xunta
As representantes destas entidades no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento votaron en contra da proposta do Goberno, que non contempla un incremento dos fondos destinados á loita contra a pobreza malia os recortes do 64% que sufriu a cooperación galega dende 2009
O BNG abre un proceso "de reflexión" cara a unha Asemblea Nacional en marzo
Vence cualifica de “claramente negativos” os resultados do 20D pero di que Galicia necesita "un proxecto nacionalista autónomo e forte" con vocación de ser "alternativa de goberno".
Matronas alertan dos graves riscos pola falta de persoal no Álvaro Cunqueiro
Profesionais do novo hospital de Vigo advirten de que "calquera día vai pasar algo grave" ante a ausencia de parteiras suficientes, o que obriga a que moitas teñan que atender ata catro mulleres.
Os gandeiros arríncanlle acordos a Carrefour e Gadis e levan agora os tractores a Santiago
As mobilizacións continúan en Compostela contra DIA logo de que a presión dos produtores lograse pactos coa cadea francesa, con Gadisa e con E. Leclerc para subir o prezo do leite e promocionar marcas galegas. Lidl e Eroski xa decidiran aumentos no importe.
Vigo ve reforzado o seu Xulgado de Familia, pero non o de violencia machista
Un novo maxistrado para Familia era unha das demandas dos traballadores e traballadoras dos tribunais da cidade, que iniciaron hai semanas unha serie de accións de protesta. Porén, seguen denunciando o "colapso" e a falta de recursos no Xulgado de Violencia de Xénero
Ciudadanos entra no Congreso malia admitir non ter propostas específicas para Galicia
Antonio Rodríguez, que protagonizara unha das polémicas na campaña tras admitir que as propostas para Galicia non se farían ata despois dos comicios, será deputado pola provincia da Coruña.
Política-ficción: PP e Ciudadanos terían maioría no Parlamento galego
Extrapolando os datos dos comicios xerais, os populares obterían 32 escanos (nove menos que na actualidade), por 6 do partido laranxa. En Marea acadaría 19 e o PSOE 18. NÓS non obtería representación, ao ficar por debaixo da barreira do 5%.
O PSdeG proclámase como "segunda forza" en Galicia
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou a posición do seu partido como "segunda forza" por detrás do PP, argumentando que En Marea non é unha organización política, senón unha coalición de partidos.
O sistema maioritario permítelle ao PP gañar 12 dos 16 senadores galegos
Os populares manteñen o seu dominio nas catro provincias, repartíndose En Marea (na Coruña e Pontevedra) e o PSOE (en Lugo e Ourense) os catro postos restantes.
O PP sofre un importante castigo nun gran 20-D para En Marea
Os populares gañan as eleccións en Galicia, con 10 escanos, cinco menos que en 2011. En Marea acada grupo parlamentario propio, con 6 representantes. O PSOE perde seis puntos pero mantén os seus 6 escanos. Ciudadanos obtén un deputado e o 10% dos votos