Beiras, Colau e Oltra defenderán con Iglesias un cambio constitucional este domingo
O 6 de decembro, coincidindo co aniversario da Constitución, Podemos organizará cinco actos simultáneos en todo o Estado para presentar os cinco grandes cambios que propón para o texto. O líder de Anova defenderá dende a Praza do Toural de Compostela o dereito a decidir.
Julio Abalde, novo reitor da UDC
O candidato de Nova Luce impúxose a Daniel Pena nas eleccións celebradas hoxe grazas ao voto do estudantado e do PAS. Pena impúxose por unha lixeira diferenza entre o profesorado. A participación foi superior á de convocatorias anteriores
O naval ferrolán demanda carga de traballo con fachos acesos e unha vixilia
Centos de traballadores de Navantia participan, baixo a chuvia, nun novo acto reivindicativo, coincidindo co inicio da campaña electoral, esixindo solucións á crise pola que atravesa o sector na comarca.
Vídeos | NÓS declama o seu "estar ou non estar" ante unha cachucha
Os cabezas de lista de NÓS-Candidatura Galega pechan a súa serie de vídeos con monólogos nos que "reivindican solucións propias, sen ataduras, para as cuestións que máis interesan ao país".
Culturgal 2015: Un país presumindo da súa cultura
A oitava edición da feira galega das industrias culturais, a piques de abrir as súas portas. Entre o venres 4 e o domingo 6 pasarán polo Pazo da Cultura de Pontevedra 15.000 persoas. Haberá un recordo especial para Neira Vilas
Marisol Piñeiro abandona o Parlamento tralo seu procesamento polo TSXG
Está acusada, xunto co ex rexedor de Carnota, José Domingo Oreiro, dun presunto delito de prevaricación pola contratación fraudulenta dunha traballadora no Concello cando ocupaba a Tenencia de Alcaldía
As cinco cifras que levan a Pontevedra ao Cumio do Clima en París
O alcalde de Pontevedra asinará en París a integración da cidade na Alianza contra o Cambio Climático no marco do cumio que se está a celebrar na capital francesa. Estes son os indicadores que lle permiten acceder a ela.
Morre Ramón Lugrís, o galeguista que fixo do europeísmo a súa bandeira
Xornalista e tradutor, traballou na postguerra para a BBC e, máis adiante, para a ONU. Colaborador de La Noche ou Grial, nos últimos anos mantivo a súa actividade a través do IGADI
"Sen as 5 da PAH, eu non vos voto"
Os grupos galegos da PAH e de loita contra os desafiuzamentos preséntanlles aos partidos 5 grandes demandas de cara ás eleccións do 20D: Dación en pago retroactiva, vivenda social e alugueiro a un prezo alcanzable, a fin das execucións hipotecarias e subministracións garantidas de auga, luz e gas
Sanidade rebaixa o prezo do parking do Cunqueiro ás portas da campaña
O Sergas rebaixou esta mañá por sorpresa a case a metade os prezos por estacionar no aparcadoiro do novo hospital de Vigo, unha medida anunciada polo conselleiro poucas horas despois. "Son as tarifas máis baratas de todos os aparcadorios municipais da cidade", presume.
Galicia apenas reduce as emisións de gases causantes do cambio climático
Xosé Veiras analiza no blog Un claro no bosque a evolución das emisións contaminantes en Galicia, moi dependentes das centrais térmicas de carbón. A central das Pontes é a principal "fábrica de cambio climático" de todo o Estado.
O "fracaso" do acordo lácteo reactiva a loita gandeira tres meses despois
Os gandeiros concéntranse ás portas das grandes áreas comerciais esta semana e anuncian tractoradas e futuros bloqueos ante o "incumprimento" do pacto e a inacción dos gobernos. Os produtores da Muralla de Lugo volverán tamén sacar os tractores o día 10