Hadrián: a loita contra a leucemia e por unha atención educativa xusta
O rapaz de Malpica, de once anos, sofre unha leucemia e tan só ten garantidas catro horas semanais de clases na súa casa, xa que non pode asistir á escola. A súa familia pide máis clases e a Confederación de Anpas pide unha "solución" ao considerar que está "mal atendido"
O novo calvario do saharuí Hassanna Aalia
O activista ten pendente un recurso á súa solicitude de asilo, denegada polo Goberno, e a Audiencia Nacional ordenou que non fose expulsado. A policía pretende agora devolvelo e todos os grupos da Cámara galega reclaman que non o manden a Marrocos, onde foi condenado a cadea perpetua
Xulgan a Nicanor Acosta, activista de 74 anos, polo desaloxo de Aurelia Rey
Ao ancián, Republicano de Honra e coñecido militante dos movementos sociais na Coruña, enfróntase a unha sanción de 600 euros tras intentar deter aquela expulsión. Acumula máis de 2.700 euros en sancións e Stop Desafiuzamentos denuncia a "inxustiza e acoso" que sofre
'Falar sen cancelas', a "comida galega apocalíptica", estréase este domingo en Carballo
A comedia, producida por Culturactiva, está protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei e parte da descuberta, por parte dos seus protagonistas, dun andazo que está acabando coa galeguidade
Encontro pola Marea e Iniciativa pola Unión únense nun chamado aos partidos pola confluencia
As dúas plataformas que pulan pola candidatura unitaria presionan as formacións políticas para "constituír de forma inmediata un foro político no que acordar os aspectos esenciais que permitan a construción dunha candidatura de Unidade Popular"
A Xunta recoñece que a metade das granxas galegas non cobrarán a axuda do Estado
A directora xeral de Gandería asegura que unhas 4.800 explotacións cobrarán os 300 euros por vaca que o Estado aprobou pola crise dun sector que conta con unhas 9.300 granxas en Galicia.
A Xunta destitúe o seu delegado en Ourense, tras seis anos imputado no cargo
Rogelio Martínez foi nomeado en 2009, cando xa estaba acusado de malversación de fondos públicos, e está pendente de xuízo, nun proceso moitas veces adiado. Tamén cesa a delegada en Vigo, María José Bravo Bosch, imputada recentemete na Operación Patos.
Contaminar nos Estados Unidos: 18.000 millóns. Contaminar en Galicia: 22 millóns
BP terá que pagar a maior multa da historia do país norteamericano pola explosión dunha plataforma petrolífera en 2010. Pola contra, o que a aseguradora do Prestige deberá achegar como indemnización, en virtude da sentenza de 2013, non cobre nin sequera as custas do proceso
A Deputación de Lugo aproba de urxencia axudas a concellos do PP a dous días da censura
Elena Candia asegura repartir os fondos para compensar a municipios "castigados polo PSOE" e os socialistas reprochan o que consideran "escusas para tentar ocultar unha cacicada".
O veto aos circos con animais esténdese e alcanza xa 26 concellos en Galicia
Santiago únese ao veto ao uso de animais en espectáculos, que alcanza xa máis de 25 concellos, onde reside máis de 35% da poboación galega. Narón e Ferrol uniranse tamén á campaña antes de que Libera leve a iniciativa ao Parlamento para intentar suprimir estes espectáculos no país
Os Premios Cineuropa recoñecen a Arturo Ripstein e Miguel Gomes
A XXIX edición de Cineuropa comeza a adiantar a súa programación. A organización vén de anunciar que o festival recoñecerá este ano cos seus premios o director mexicano Arturo Ripstein e o portugués Miguel Gomes
Así foron as 'políticas sociais' de Rey Varela en Ferrol
A xestión nesta área do Goberno municipal de Ferrol entre 2011 e 2015 foi criticada polo recorte de financiamento e medios humanos e a delegación das súas responsabilidades en entidades privadas. Ademais, deu lugar a algúns episodios polémicos.