O cese inminente do 56% dos bombeiros forestais dificulta un ano máis o labor de prevención
CIG, CCOO, UGT e CSI-F denuncian nunha rolda de prensa conxunta que o "mal modelo de prevención e extinción" do Goberno galego "tivo como consecuencia unha mala campaña”, con catro veces máis hectáreas queimadas que en 2014.
A extinción de licenciaturas consúmase sen unha solución para o estudantado afectado
Representantes dos alumnos e alumnas denuncian "falta de vontade" do Reitorado da USC para atopar unha vía que lles permita completar as súas titulacións polos plans antigos, que desaparecen este mércores.
Unha familia loita pola morte digna dunha nena de 12 anos no Clínico de Santiago
Dous meses despois da entrada en vigor da lei de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, o CHUS resístese a atender á petición da familia da paciente, que padece unha enfermidade "irreversible".
O Encontro pola Marea Galega rexeita fusionarse coa Iniciativa pola Unión
O 57% dos dos integrantes da plataforma que participaron na consulta telemática optaron por unha "cooperación práctica" co outro colectivo a prol dunha candidatura única, mentres o 43% votou a prol dunha "integración inmediata" dos dous espazos
Unha investigación deita luz sobre a pouco coñecida conquista romana de Galicia
Un equipo formado por persoas de universidades e centros de investigación de toda España achega unha nova visión sobre a conquista do noroeste peninsular, con 17 novos sitios arqueolóxicos, situados entre outros lugares no Bierzo, O Páramo, Negreira, Vilanova da Cerveira e entre Sarria e Láncara,
Coetus: Petiscos de percusión antes da "experiencia musical e emocional" da fin de semana
A orquestra de percusión ibérica Coetus presenta os detalles da residencia artística que desenvolverán en Ames a vindeira fin de semana. Vídeo no interior
Celadores péchanse no novo hospital de Vigo noutra loita contra a "privatización"
O colectivo de traballadores inicia un peche no Álvaro Cunqueiro ao asumir unha empresa externa boa parte dos seus traballos. Advirten xa de incidencias ante a falta de formación específica dos novos empregados, contratados pola concesionaria a través dunha ETT
A Xunta terá que pronunciarse antes de final de ano sobre a continuidade de ENCE en Lourizán
A Dirección Xeral de Costas esixiralle ao Goberno galego o seu informe (non vinculante) sobre a solicitude da empresa de prorrogar a súa actividade no interior da ría de Pontevedra ata o ano 2068. Todo indica que o ditame será favorable.
Ampla maioría absoluta do independentismo catalán, que fica ao bordo do 50% dos votos
O bloque independentista alcanza a maioría absoluta en escanos pero non en votos nunhas eleccións cunha histórica participación. Junts pel Sí gaña con amplitude nun 27S onde a CUP e Ciudadanos foron os grandes vencedores. Fracaso de Catalunya Si que es Pot e do PP.
O novo número de 'Tempo Exterior' analiza os desafíos da paz en Colombia
A edición nº 30 da revista editada polo IGADI inclúe tamén outros contidos relacionados coa actualidade latinoamericana e a chinesa,
Iniciativa pola Unión chama á confluencia "para que naza unha nova nación"
O Acto de Apertura chama a unha única candidatura galega ante o "clamor social" e critica o "acordo entre cúpulas" de Anova, Podemos e EU. Representantes de CxG, BNG, CIG, CCOO e múltiples colectivos sociais participan no cónclave, que acorda concorrer en coalición.
PSdeG e PP meten présa á xustiza para evitar as consecuencias electorais da 'Patos'
Abel Caballero reitera que non ten "nada de nada de nada" que ver coa trama de corrupción investigada e pregúntase se "outros doutras administracións" poden dicilo con tanta claridade