O PP quítalle a alcaldía ao BNG en Boimorto co voto dun tránsfuga do PSOE
Os populares consuman a moción de censura para desaloxar a Xosé Luís Rivas como alcalde apoiándose nun concelleiro que se presentou na lista dos socialistas logo dun tenso pleno.
Os sindicatos piden a dimisión da conselleira por "incompetencia manifesta" ante os lumes
CIG, CCOO, UGT e CSIF volven reclamar a marcha de Rosa Quintana, á que acusan de "mentir" no número de efectivos dun dispositivo contra incendios que cren insuficientes e descoordinados. BNG e AGE solicitan un pleno extraordinario e Ana Miranda leva a problemática á UE.
Podemos pon a Marea Atlántica como modelo e pide "cautela" na confluencia
Ambas as dúas formacións reúnense na Coruña amosan a súa "forte sintonía" e coinciden en que "o momento esixe actuar con responsabilidade e xenerosidade para facer posible" unha candidatura unitaria de cara ás eleccións xerais.
Uns 500 tractores ateigan Lalín pedindo "prezos dignos" para o leite
Outra masiva mobilización de gandeiros reclama solucións inmediatas á crise do sector leiteiro na capital do Deza, cuxo alcalde, Rafael Cuiña, participou subido no seu tractor e pediu "unidade" política a prol das explotacións e do rural.
Oposición e sindicatos censuran a política anti-incendios da Xunta
PSdeG, AGE e BNG cren insuficiente o mecanismo autonómica de loita contra os lumes e CCOO, UGT, CIG e CSIF denuncian a "falta de medios na loita contra a vaga de lumes" e acusan a Medio Rural de achegar datos de efectivos "que non se corresponden coa realidade".
Despedido de 'El Correo Gallego' por un chío en Twitter e por apoiar a Noriega en Facebook
O xornalista Nicolás Navaza denuncia que a empresa o botou logo dun tuit na rede social e de apoiar un comentario do alcalde de Compostela no que se solidarizaba cos traballadores que sofren atrasos nas nóminas e criticaba o gasto de 200.000 euros en publicidade por parte do anterior goberno.
Os coutos pechados
Praza Pública
O "despedimento político" dunha muller por ir nas listas do BNG chega á UE
O grupo ALE, a través de Ana Miranda, envía unha carta á comisaria de Emprego para que "interveña" e logre que Maite Mouriño sexa readmitida na empresa Esycsa, que decidiu botala logo de que se presentase nas listas municipais do Bloque e tras vixiala cun detective privado.
A Xunta recorta nun 17% o orzamento para os centros de menores
CIG, CCOO e UGT alertan do "golpe sen precedentes" que están a punto de sufrir os menores infractores en Galicia e acusan o Executivo de promover unha redución de persoal na relación de postos de traballo
Novos emigrados reclaman tamén unha candidatura unitaria galega
A plataforma Voltar á Terra aposta por unha lista de confluencia de cara ás xerais "que defenda e represente as galegas e galegos" no exterior e cren que a manifestación unitaria do 25X "ten que ser o alicerce" desa unidade.
Feijóo atribúe case en exclusiva aos incendiarios o "problema" dos lumes
"Dedicamos moitos cartos á extinción que deberiamos empregar na prevención, pero os incendiarios non deixan que sexa así", asegura o presidente da Xunta, que limita a problemática á conduta de determinados cidadáns que queiman o monte "co interese de facer dano".
O BNG pide á Xunta que medie ante o "despido político" dunha muller por ir nas listas do Bloque
O Bloque e a traballadora denuncian que Esycsa, do grupo ACS, despediuna por ir nas listas da formación nacionalista en Pazos de Borbén.